InicioMedio Ambiente e Patrimonio2,5 millóns de euros para mellorar as depuradoras de Soutomaior

2,5 millóns de euros para mellorar as depuradoras de Soutomaior

PUBLICADO O

- Advertisement -

A calidade das augas en Soutomaior mellorará ostensiblemente grazas ao acordo alcanzado esta semana entre o presidente de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e os representantes da confraría de Arcade, Rita Míguez e Miguel Loira, para o investimento de 2,5 millóns de euros na adecuación das depuradoras de Comboa e Arcade.

O proxecto será financiado ao 100% polo ente autonómico e “suporá unha gran mellora na calidade das nosas augas e na protección do medio ambiente e do noso sector pesqueiro e marisqueiro”, explicou Reguera.

A reunión deste xoves con Augas de Galicia solicitouse o pasado mes de xuño tralo encontro entre os representantes do sector marisqueiro e o alcalde de Soutomaior, no que se acordou trasladar ao ente autonómico as necesidades da rede de saneamento municipal e a importancia de protexer ao sector pesqueiro e marisqueiro para a economía local.

Aproveitando o encontro, o presidente de Augas de Galicia trasladou ao alcalde de Soutomaior a necesidade de atopar unha “solución consensuada” para a localización das antenas de megafonía da rede de urxencia da presa de eiras.

“É unha cuestión de seguridade para avisar á poboación en caso de urxencia, é necesaria, pero tamén é importante que non supoña unha molestia para os veciños”, explicou Reguera.

Para rematar, o presidente sinalou que técnicos de Augas de Galicia xa mantiveron contactos con integrantes da asociación de veciños do Conde para estudar diferentes localizacións dos postes e que supoñan a mínima molestia para a veciñanza.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Pontevedra condena a tres anos e medio de cárcere a unha muller por tráfico de cocaína

A Audiencia Provincial de Pontevedra condena a tres anos e medio de prisión a...

Casco Vello de Vigo prevé máis vivendas coa rehabilitación dun novo edificio na rúa Real

O Consorcio Casco Vello de Vigo informou dos novos proxectos que pretende levar a...

Falece Susi Seoane, referente galega na loita contra a ELA, aos 55 anos

Galicia enteira chora a morte de Susi Seoane Lema, viguesa de 55 anos e...

Manifestación de traballadores de GKN este domingo en rexeitamento do ERE “inxustificado” da compañía

O comité de empresa da auxiliar automobilística GKN convocou este domingo, día 1 de...