InicioSucesosPiden case 5 anos de cárcere para un acusado de atracar unha...

Piden case 5 anos de cárcere para un acusado de atracar unha gasolineira

O presunto autor usou unha arma branca para atracar o recinto. Outros dous acusados de atracar un bar para roubar diñeiro, tabaco e xamóns, enfróntanse a 3 anos de cárcere cada un

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un acusado de atracar unha gasolineira utilizando un coitelo pequeno (ou un obxecto punzante similar) para intimidar á empregada do establecemento enfróntase a unha pena de 4 anos e 9 de meses de cárcere no xuízo que se celebra este xoves na sala do Penal 1 de Vigo.

Segundo o escrito de acusación da Fiscalía, os feitos ocorreron sobre as 21,30 horas do 8 de setembro de 2020, cando o procesado entrou no interior da tenda da gasolineira, aproveitando que non había coches enchendo.

Unha vez no interior, dirixiuse a unha empregada portando un coitelo pequeno (ou arma branca similar) e pedíndolle o diñeiro. A continuación, dirixindo a arma cara ao costado da traballadora, meteuse con ela por detrás do mostrador, obrigándoa a abrir a caixa, para apoderarse da recadación, uns 280 euros, antes de emprender a fuxida.

Por estes feitos, o ministerio público considérao autor dun delito de roubo con violencia e intimidación, en local aberto ao público e con uso de arma ou medio perigoso, e pide que sexa condenado a 4 anos e 9 meses de prisión. Ademais, deberá devolver os 280 euros á gasolineira, en concepto de responsabilidade civil.

ATRACO A UN BAR

Ademais, os xulgados vigueses acollerán, tamén o xoves, outro xuízo por un atraco, neste caso na sala do penal 2, contra dous acusados de roubar no interior dun bar.

Segundo a Fiscalía, os feitos ocorreron na noite do 17 ao 18 de novembro de 2019, cando os procesados romperon a cristaleira frontal dun bar en Vigo e accederon ao seu interior. Unha vez dentro, forzaron a máquina de tabaco e roubaron máis de 315 euros en metálico e paquetes de tabaco por valor de máis de 1.600 euros.

Tamén levaron 200 euros da caixa rexistradora e 170 euros dun bote de propinas, así como un móbil valorado en 120 euros, unha caixa de chisqueiros valorada en 25 euros e 4 xamóns.

A continuación, os ladróns dirixíronse aos trasteiros do inmoble, e deixaron nun trasteiro, propiedade da nai, un xamón, o mecanismo da máquina expendedora de tabaco e o seu cajetín de moedas. Os restantes 3 xamóns, que non foron recuperados, teñen un valor de máis de 830 euros.

O ministerio público considera aos acusados autores dun roubo con forza en establecemento público fóra de horario de apertura, e pide para cada un deles 3 anos de cárcere. Tamén piden que indemnicen aos donos do bar en 3.350,75 euros, ademais do custo do arranxo da máquina expendedora e da cristaleira fracturada.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...