InicioVigo e contornaVigoCampaña da Policía Nacional para evitar o acoso a menores por redes

Campaña da Policía Nacional para evitar o acoso a menores por redes

Alertan da aproximación de adultos ás crianzas para conseguir imaxes de pornografía infantil.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Comisaría da Policía Nacional de Vigo-Redondela puxo en marcha unha iniciativa para previr o acoso sexual a menores mediante redes sociais, coñecido como ‘child grooming’, e o uso indebido das novas tecnoloxías. Fontes policiais sinalaron que o crecente uso das novas tecnoloxías e dispositivos móbiles que permiten acceder a redes sociais poden levar unha exposición a riscos para os menores como o acoso sexual por Internet.

En concreto, explicaron que a modalidade de acoso coñecida como ‘child grooming’ consiste nunha serie de condutas realizadas por unha persoa para atraer a atención de menores co obxectivo de establecer un vínculo de amizade ou unha conexión emocional con eles mediante redes sociais e xogos en rede. Deste xeito, estas persoas poden chegar a conseguir imaxes pornografía infantil para consumo propio ou para proceder á súa distribución e venda.

Ademais, advertiron de que, en casos moi excepcionais, poden chegar a abusar sexualmente dos menores cos que establecen os vínculos emocionais. Así, as mesmas fontes puxeron o foco en que esta modalidade delituosa pode ser daniña en gran medida para as vítimas debido á súa idade. Por este motivo, a Comisaría de Vigo-Redondela puxo en marcha unha iniciativa para concienciar e informar sobre medidas preventivas para evitar o acoso a menores a través de Internet.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Deteñen un home en por presunta agresión á súa nai octoxenaria

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, A.I.R., de...