InicioVigo e contornaVigoVigo volve baixar en casos activos pero mantén sete persoas en UCI

Vigo volve baixar en casos activos pero mantén sete persoas en UCI

Conta 575 casos, 27 menos que na xornada anterior.

PUBLICADO O

Os casos activos de covid baixan dos 4.000, tras exceder esta barreira lixeiramente na última xornada, e os novos contaxios tamén volven estar por baixo dos 150. Ademais, a taxa de positividade é do 4,56% –por baixo do 5% que marca a OMS–. A presión hospitalaria, con todo, rexistra un leve ascenso con tres hospitalizados máis.

Así, segundo a información notificada polo Sergas na mañá deste domingo (con datos solicitados ata o sábado), nas últimas horas confirmáronse 146 novos contaxios por coronavirus, o que supón 23 casos menos que os notificados a xornada anterior.

Por áreas, na da Coruña detectáronse 40 novos contaxios, en Santiago hai 33 casos novos; na área de Vigo notificáronse 27 contaxios; na de Lugo, 14 contaxios; na de Ourense, nove casos máis; na área sanitaria de Pontevedra foron 22 casos novos; e na de Ferrol rexistrouse dous contaxios novos.

No balance deste sábado, Sanidade informa de que Galicia conta con 3.754 persoas coa infección por covid activa, o que supón 287 casos menos que os notificados o sábado. Por áreas, os casos activos descenden en todas as áreas.

O maior número de enfermos está na da Coruña, con 1.005 casos (68 menos), seguida por Lugo, con 727 casos (82 menos); na área de Santiago hai 640 casos activos (42 menos). Na área de Vigo, pola súa banda, son 575 casos, 27 menos que na xornada anterior. Todo despois de que a área olívica chegar a estar á cabeza de contaxios de Galicia.

PRESIÓN HOSPITALARIA

No que respecta á presión hospitalaria, nas últimas 24 horas aumentaron os pacientes ingresados por covid nos hospitais galegos, aínda que só en unidades convencionais.

Así, as unidades convencionais de hospitalización contan con 109 pacientes (seis máis que hai un día), mentres que en UCI continúan ingresados 40 pacientes (tres menos): 12 na área da Coruña (-1), sete na área de Vigo (sen cambios), cinco na área de Ferrol (sen cambios), oito na de Ourense (+1), catro pacientes en UCI na área de Pontevedra (-1) e tres en Lugo (-2), mentres que en Santiago queda un paciente en críticos (sen cambios).

En canto ás camas ocupadas en ‘planta’, na área da Coruña son 39 os hospitalizados en planta (+5); na de Ferrol, cinco (sen cambios); na de Pontevedra, tres (sen cambios); na de Lugo, 18 (+3); na de Santiago, 14 (-1); na de Ourense, 13 (sen cambios) e na de Vigo, 17 (-1).

ÚLTIMAS

O TSXG anula o calendario laboral de 2023 do persoal de Ilunion en Stellantis, Benteler e Lear

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) anulou o calendario laboral de 2023 do persoal...

Terremoto de magnitude 1,8 en Vilaboa

O Instituto Xeográfico Nacional (IGN) rexistrou un terremoto de magnitude 1,8 con epicentro na localidade pontevedresa de...

Sindicato de Inquilinas Vigo urxe vivenda pública e regular prezos ante a “alarmante realidade” dos desafiuzamentos

O Sindicato de Inquilina Vigo-Baixo Miño urxiu este venres a regulación dos prezos de aluguer...

Unha sentenza recoñece un exceso de horas traballadas dos bombeiros de Vigo e obriga ao Concello a compensalas

Unha sentenza firme do xulgado do contencioso administrativo número 1 de Vigo obriga ao Concello...