InicioPolíticaA Xunta autoriza as expropiacións para mellorar a seguridade viaria na PO-330

A Xunta autoriza as expropiacións para mellorar a seguridade viaria na PO-330

Será no seu paso por Valadares e Pereiró, no Concello de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consello da Xunta deu este xoves luz verde ao decreto polo que se declara a utilidade pública e disponse a urxente ocupación dos terreos necesarios para executar as obras de mellora da seguridade viaria na PO-330, ao seu paso por Valadares e Pereiró, no Concello de Vigo.

O investimento que o Goberno galego destinará a esta actuación é de case 1,85 millóns de euros, nos cales se inclúe o pago dos 36 predios necesarios para a súa execución.

Esta intervención, conforme indicou a Xunta, ten como obxectivo desenvolver un conxunto de actuacións integrais ao longo de case 7 quilómetros da vía autonómica na procura do reforzo da seguridade viaria e a mellora da accesibilidade nestes núcleos para evitar un tramo de concentración de accidentes.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade convocará o levantamento das actas previas no cuarto trimestre do ano, coa previsión de licitar e executar as obras no ano 2022. Os traballos contan cun prazo de execución de dez meses.

ÚLTIMAS

Veciños do centro de Vigo piden trasladar a acampada pola vivenda para protexer a Alameda

Veciños do centro de Vigo defenderon este mércores a necesidade de primar a protección...

Vigo homenaxeará a Baena e Sánchez-Bravo, últimos fusilados polo franquismo: “Despois de décadas de loita, imos vendo a luz”

O Concello de Vigo homenaxeará a Xosé Humberto Baena e José Luis Sánchez-Bravo, dous...

A UVigo levará a ciencia á rúa cunha cita rápida entre investigadores e un foro sobre os incendios

A Universidade de Vigo quere sacar a ciencia dos laboratorios e levala á rúa...

Caballero insiste en que Concello e Zona Franca fan máis vivenda en Vigo que a programada pola Xunta

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, criticou este mércores a visita realizada polo presidente...