InicioSociedadeConcello e Deputación acordan acometer actuacións de mellora da mobilidade e recuperación...

Concello e Deputación acordan acometer actuacións de mellora da mobilidade e recuperación ambiental en Vigo

O alcalde asegura que "haberá máis praia, ao gañarse unha superficie de 10 metros".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentaron este mércores o acordo de colaboración entre ambas as institucións que, no período 2021-2023 permitirá acometer obras na cidade por valor de case 16 millóns de euros.

O Concello de Vigo porá 5 millóns de euros e a Deputación case 11 millóns para acometer 9 actuacións de mellora da mobilidade urbana e de recuperación ambiental. “Haberá máis praia, ao gañarse unha superficie de 10 metros”, asegurou o alcalde.

Ademais desta obra, o convenio inclúe traballos de humanización en Martínez Garrido (fase IV) por 1,2 millóns de euros; humanización en San Roque, entre Gregorio Espino e Reiseñor, por 1,4 millóns; ou a de Avenida Castelao, entre a rotonda do barco e Darío Durán, por 1,5 millóns.

Así mesmo, prevense varias actuacións dentro do programa Vigo Vertical, para a implantación de ascensores ou medios mecánicos de mobilidade entre Camelias e Hispanidade, entre Travesía de Vigo e Aragón, ou entre Jacinto Benavente e Torrecedeira.

Finalmente, tamén se executarán obras como a cubrición do patio do CEIP Javier Sensat de Alcabre, por máis de 360.000 euros; ou melloras do firme en diferentes viarios, por máis de 3 millóns de euros.

ÚLTIMAS

Hospitalizado un mozo de 17 anos tras ser agredido con arma branca no Entroido de Hío

Un mozo de 17 anos, veciño de Vigo, tivo que ser hospitalizado na noite...

A Cátedra Ardán sitúa a Interfish España como un alicerce estratéxico para a economía

A Cátedra Ardán, impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Universidade...

Detido un home en Vigo por agredir e romperlle o beizo a unha muller en plena rúa

Un home, H.J.R. de 40 anos de idade, foi detido o pasado sábado en...

Temor no sector naval pola escaseza de persoal cualificado

O secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, valorou este martes o "bo momento" da...