InicioSociedadeA 15ª Bienal Internacional de Cartelismo Terras Gauda convida a máis de...

A 15ª Bienal Internacional de Cartelismo Terras Gauda convida a máis de 170.000 artistas

Alfonso Rueda ratificou con José María Fonseca o acordo asinado entre Xunta e Terras Gauda para a convocatoria dun concurso, con Turismo de Galicia, ao que concorren os 40 finalistas e premiados da Bienal Internacional.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A adega Terras Gauda convocou a 15ª edición da Bienal Internacional de Cartelismo Concurso Francisco Mantecón 2020-21, con máis de 170.000 artistas de diversas disciplinas convidados a participar no certame.

Este concurso é unha das grandes citas bianuais da creación artística e foi presentado este luns nun acto celebrado no Porto de Vigo, con presenza do vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda; o presidente do grupo Terras Gauda, José María Fonseca; o presidente do Porto, Jesús Vázquez Almuíña; e a delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias.

A adega repartirá 16.000 euros en premios e os participantes teñen de prazo para presentar os seus traballos ata o 28 de febreiro de 2022. Coas obras presentadas organizarase unha exposición, do 26 de marzo ao 4 de maio, na Estación Marítima de Vigo.

O deseñador Javier Mariscal repetirá como membro do xurado, a petición propia, e o ‘tribunal’ completarase con Marcelo Ghio, director de Experimenta Libros e Experimenta Magazine; Eva Unt e Margus Tamik, do estudo estoniano de UntTammik (gañadores da última edición).

Este concurso afianzou o seu gran prestixio internacional e, desde o seu inicio en 2002, o certame recibiu nas súas diferentes edicións máis de 18.000 carteis, de artistas procedentes dun centenar de países, entre eles Xapón, Estados Unidos, Alemaña,Bélxica, Portugal, Polonia, Estonia, Israel, Italia, Países Baixos, Rusia, Sudáfrica, Lituania, Serbia, ou Finlandia.

CONCURSO CON TURISMO DE GALICIA

Por outra banda, Alfonso Rueda ratificou con José María Fonseca o acordo asinado entre Xunta e Terras Gauda para a convocatoria dun concurso, con Turismo de Galicia, ao que concorren os 40 finalistas e premiados da Bienal Internacional. O obxectivo deste certame restrinxido é elixir a quen deseñará a imaxe das Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia.

Estas xornadas desenvólvense por parte da Xunta en colaboración con cinco asociacións das rutas dos viños galegos e reúnen a numerosos interesados no mundo do viño para gozar de visitas e outras actividades relacionadas coa viticultura.

O vicepresidente da Xunta destacou que accións como estas contribúen á promoción do Xacobeo e de Galicia como “destino seguro” e de calidade. E puxo como exemplo dese turismo de calidade o enoturismo, unha actividade que permite diversificar e desestacionalizar a oferta, pondo a disposición experiencias personalizadas cada vez máis demandadas.

ÚLTIMAS

Enfróntase a máis de 16 anos de cárcere acusado de violar e roubar a unha muller á de traballar dun hospital de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro...

Os servizos emerxencias traballan na extinción dun incendio nun cortello da avenida Ricardo Mella

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio declarado nun cortello da avenida...

Detido en Vigo un home por dous ataques consecutivos á Policía Local nun só día

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un cidadán estranxeiro, A.M., de 30...

Detido en Vigo con haxix, cocaína e máis de 1.300 euros en efectivo

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...