InicioSociedade14 concellos con restricións, ningún en nivel máximo

14 concellos con restricións, ningún en nivel máximo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A área de Vigo líbrase das restricións máximas pola covid. O Comité Clínico dependente da Xunta decidiu declarar o nivel máximo de alerta sanitaria nos concellos de Monforte e Ordes tras o gran incremento de casos que tiveron lugar nestes municipios nos últimos días. Deste xeito, Galicia volverá contar con municipios neste ámbito, tras quedar o fin de semana pasado sen localidades nesta situación.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou destes cambios, o cal atribuíu á ponte de tres días, coa celebración de festas patronais, comidas privadas e algúns “na hostalaría”.Por outra banda quedan en nivel alto na área sanitaria da Coruña os concellos de Fisterra, Laxe, Muxía, Betanzos, Cee, Sada, Camariñas, Vimianzo, Carral, Cerceda. Na área sanitaria de Ferrol os municipios de Pontedeume, Ares, Cariño. Na área sanitaria de Santiago, os de Melide e Trazo.

Tamén na área sanitaria de Lugo quedan en nivel alto os concellos de Rábade, Castro de Rei, Meira, A Pastoriza, O Saviñao, Pantón, Sober. Na de Ourense os do Barco de Valdeorras, Viana do Bolo, A Rúa. Na área de Pontevedra os municipios de Ponte Caldelas e Cerdedo-Cotobade e na de Vigo os de Nigrán, O Rosal, e A Cañiza.

O Comité Clínico tamén deixa en nivel medio aos concellos da Coruña, Zas, Coiros, Corcubión, Carballo, Ponteceso,  Oza-Cesuras, Cambre, Culleredo, Oleiros, Arteixo, Cabana de Bergantiños, Malpica de Bergantiños, Miño, na área sanitaria da Coruña. Os de Fene, Narón,  Cabanas, Mugardos, Ferrol na área de Ferrol e os de Santiago, Rianxo,  Boiro, Silleda,  Santa Comba, Oroso, Porto do Son, na de Santiago.

Tamén quedan neste nivel os concellos de Outeiro de Rei, Chantada, Lugo, Begonte na área de Lugo; Allariz, Xinzo de Limia,  A Veiga, Ourense, O Carballiño, Verín na área sanitaria de Ourense; A Lama,  Marín,  Catoira, Caldas de Reis,  Pontevedra, Sanxenxo, Poio, Soutomaior, Bueu na área de Pontevedra e os de Vigo, Gondomar, Salceda de Caselas, Pazos de Borbén, O Porriño,  Ponteareas, Redondela, Arbo, As Neves, Tui, Tomiño na área sanitaria de Vigo.

ÚLTIMAS

PP e BNG emendan a ordenanza das Zonas de Baixas Emisións de Vigo: uns piden atrasar multas e outros devolver o texto

Os grupos municipais da oposición no Concello de Vigo presentaron as súas emendas ao...

Tres detidos por abandonar a un home ferido nunha cuneta en Moaña

A Policía Nacional detivo nas últimas horas a tres persoas supostamente relacionadas coa aparición...

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...