InicioEconomíaCC.OO., CIG e CUT ven "inaudito" que Caballero pida dimisións dos seus...

CC.OO., CIG e CUT ven “inaudito” que Caballero pida dimisións dos seus delegados “por facer o seu traballo”

A través dun comunicado remitido aos medios, os sindicatos cualificaron como un "feito inaudito" que o rexedor pida esas dimisións, precisamente cando o labor dos delegados sindicais "é a denuncia das irregularidades, neste caso sobre o manexo de contas públicas".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os sindicatos CC.OO., CIG e CUT saíron ao paso este venres das críticas do alcalde de Vigo, Abel Caballero, que pediu a dimisión dos seus delegados no servizo de bombeiros por presentar dúas denuncias “falsas” ante o Consello de Contas que foron finalmente arquivadas, e aos que acusou de ser “mentireiros” e “calumniadores”.

A través dun comunicado remitido aos medios, os sindicatos cualificaron como un “feito inaudito” que o rexedor pida esas dimisións, precisamente cando o labor dos delegados sindicais “é a denuncia das irregularidades, neste caso sobre o manexo de contas públicas”.

“Foi moi suave Abel Ramón. Soamente pediu a dimisión dos delegados sindicais. Non se atreveu a pedir a disolución ou prohibición dos sindicatos”, ironizaron desde estas centrais, que acusaron ao rexedor de pedir o cesamento de delegados sindicais mentres el “mantén no seu posto a concelleiros que levan anos desmantelando os servizos públicos”.

Con respecto ás denuncias arquivadas, CIG, CUT e CC.OO. precisaron que o Consello de Contas non nega que haxa irregularidades sobre o destino dos fondos de Unespa (que deberían ser investido na mellora do servizo de bombeiros) ou no pago das horas extras, senón que os feitos non foron acreditados suficientemente. “O propio informe xurídico do Consello de Contas di que haberá que investigar”, mantiveron os sindicatos.

Respecto diso, avanzaron que seguirán “denunciando estas presuntas irregularidades” e que están “a solicitar documentación” para “acreditar a veracidade das denuncias”.

ÚLTIMAS

Tensión tras as ameazas dun home armado cun machete en Vigo

Un home armado cun machete xerou momentos de tensión en Vigo tras un incidente...

A Policía Local localiza en Salceda un veciño do Porriño desaparecido desde o xoves

A Policía Local de Salceda de Caselas localizou na tarde deste venres a Vicente...

Conxemar reúne en Vigo expertos internacionais para abordar os retos da pesca antes da apertura da feira

Vigo converterase desde este luns nun dos puntos de encontro internacionais do sector pesqueiro...

Estudantes da UVigo levan ao espazo un experimento para probar cámaras e sensores de radiación

Estudantes da Universidade de Vigo integrados na asociación UVigo SpaceLab conseguiron poñer en órbita o experimento CORTIS, unha...