InicioSucesosRescatan en Vigo unha muller á que lle caeu encima unha cama...

Rescatan en Vigo unha muller á que lle caeu encima unha cama abatible

Os berros de socorro alertaron a varios veciños, que chamaron a emerxencias.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo e efectivos do servizo de bombeiros da cidade rescataron a unha veciña de 39 anos de idade que quedou atrapada cando unha cama abatible lle caeu encima, golpeándolle a cabeza e fracturándolle un brazo.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron o pasado sábado pola mañá, cando diversas testemuñas se puxeron en contacto co 092 para alertar de que estaban a escoitar berros de socorro nun piso da rúa Teixugueiras, no barrio de Navia.

Unha dotación trasladouse á zona e localizou o inmoble de onde procedían os berros pero, ante a imposibilidade de entrar no domicilio, os axentes avisaron os bombeiros, que lograron acceder ao interior da vivenda a través dunha xanela, usando unha escaleira mecánica.

No piso atopábase a muller, atrapada baixo a cama abatible, que se soltou da súa ancoraxe na parede e caer encima, deixándoa inmobilizada e con feridas. Unha vez liberada, a muller foi trasladada en ambulancia ao hospital Álvaro Cunqueiro da cidade olívica, cunha ferida aberta na cabeza e co brazo dereito fracturado.

ÚLTIMAS

‘Eterno 10’: así se chama a escultura de Iago Aspas que se instalará xunto ao estadio de Balaídos

Hai futbolistas que transcenden os resultados dun partido, os títulos e as estatísticas para...

A Seguridade Social responsabiliza Stellantis por unha doenza profesional en Vigo e impón un recargo do 30 % nas prestacións

A saúde laboral volve situarse no centro do debate sobre as condicións de traballo...

Caballero di agora que “pide que o Goberno de España pague” parte das obras necesarias para ser sede do Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, dixo este mércores que el "pide que o...

“Non permitiremos un réxime do medo”, sindicatos e movementos sociais condenan o ataque á sede de UGT de Vigo

Sindicatos, movementos sociais e partidos políticos de esquerda volveron condenar este mércores o ataque...