InicioVigo e contornaVigoFalece afogado un home na praia de Alcabre en Vigo

Falece afogado un home na praia de Alcabre en Vigo

Sufriu unha indisposición mentres nadaba.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home faleceu afogado esta tarde na praia de Alcabre, no muncipio de Vigo. Segundo informa o 112 Galicia, sobre as 18,30 horas, o home sufriu unha indisposición mentres se atopaba no mar e varios particulares achegáronse a socorrelo e levalo á area.

Unha vez fóra da auga, os servizos sanitarios tentaron reanimalo pero non puideron facer nada por salvarlle a vida. No lugar interviñeron á súa vez efectivos da Policía Local e do corpo de Policía Nacional.

ÚLTIMAS

Aparece con vida e a 400 metros da súa casa o home desaparecido o luns no Porriño

Un veciño de 67 anos que faltaba do seu domicilio desde o mediodía do...

Caballero saca peito e presume de xestión: “Se hoxe houbese eleccións subiriamos 2 concelleiros e gañariamos a Deputación”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presumiu este martes de liderado municipal, e vaticinou:...

Abel Caballero acende “as luces de Nadal de todo o planeta”: Vigo estreará o seu espectáculo o 15 de novembro

A iluminación do Nadal de Vigo acenderase o próximo 15 de novembro, segundo desvelou...

O PP de Vigo contraataca con 39 enmendas para que os orzamentos sexan “realistas” e non “publicitarios”

O grupo municipal do PP rexistrou 39 emendas aos orzamentos de Vigo para 2026,...