InicioMedio Ambiente e PatrimonioA candidatura 'Cíes Patrimonio da Humanidade' será reforzada cun "laboratorio artístico"

A candidatura ‘Cíes Patrimonio da Humanidade’ será reforzada cun “laboratorio artístico”

O alcalde de Vigo sinalou que o goberno municipal segue adiante coa candidatura de Cíes, a pesar de que a Xunta promoveu unha canditara alternativa para que sexa designado Patrimonio da Humanidade todo o Parque Nacional Illas Atlánticas

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo porá en marcha dúas iniciativas para converter Cíes nun “laboratorio artístico” e dar un novo impulso á candidatura para a súa designación como Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

Segundo presentou o alcalde, Abel Caballero, en rolda de prensa, o consistorio convocará dous certames, un de nova creación, para vincular a candidatura ao “fomento da creatividade”.

Así, abriuse o prazo (pecharase o 3 de setembro) para presentar ideas e proxectos na segunda edición do II Desafío Audiovisual Illas Cíes, para o que poderán optar tanto fotografías como creacións audiovisuais. As persoas seleccionadas compartirán unha estancia nas illas entre os días 19 e 23 de setembro.

Ademais, abriuse tamén o prazo para un novo concurso, o Cíes Talent, que buscará os mellores ‘grafitti’ e cómics relacionados co arquipélago, a protección do medio ambiente e a sustentabilidade. Os participantes poderán presentar as súas propostas de murais ata o 6 de setembro e de cómics ata o 10 de setembro.

Na rolda de prensa, o alcalde volveu a lembrar que o goberno municipal segue adiante coa candidatura de Cíes, a pesar de que a Xunta promoveu unha canditara alternativa para que sexa designado Patrimonio da Humanidade todo o Parque Nacional Illas Atlánticas. “Imos presentar a de Vigo, a pesar das cambadelas e obstáculos da Xunta, que non van fornecer efecto”, proclamou Abel Caballero.

Nesa liña, reiterou que a candidatura promovida polo goberno galego está destinada “ao fracaso”, do mesmo xeito que fracasou a da Ribeira Sacra, que sufriu un “terrible dano” do que responsabilizou á Xunta.

ÚLTIMAS

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...

A Xustiza de Vigo rexeita ampliar o permiso de paternidade a 22 semanas como o das nais

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo desestimou a demanda interposta por un...

A Axencia Tributaria desarticula en Vigo e outras cidades unha ‘macrotrama’ que defraudou 300 millóns en IVE

A Axencia Tributaria desmantelou unha das maiores redes de defraudación de IVE no sector...