InicioSociedadeVitrasa ve "desproporcionada" a folga do persoal, que critica "incumprimentos" do convenio

Vitrasa ve “desproporcionada” a folga do persoal, que critica “incumprimentos” do convenio

Pide ao comité de empresa que "recapacite".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A concesionaria do servizo de transporte urbano de Vigo, Vitrasa, tachou de “desproporcionada” a convocatoria de catro xornadas de folga para os días 3, 6, 7 e 8 de agosto e confiou en que o comité de empresa “recapacite”. Este, pola súa banda, afirma que se produciu “un atraso no pago das retribucións” e pon o foco do paro na “falta de persoal” e os “cambios de xornada laboral para paliar as deficiencias coas que se presta o servizo”.

Nun comunicado, Vitrasa achacou os paros previstos a un intento de “presionar para a renovación do próximo convenio colectivo” e asegurou que se trata dunha medida que “non atende a razón”. Ademais, sinalou que foi apoiada por 107 votos, que “representan o 33% dos condutores e o 27,2% do total do persoal”.

Ademais, Vitrasa destacou que traballa “cada día” para adoptar medidas que “garantan un servizo seguro e de calidade para os vigueses” ante “un contexto tan complexo marcado pola crise sanitaria”, que implica a limitación de aforamentos nos autobuses.

Así as cousas, confiou en que o comité de empresa “recapacite” e “entenda que os verdadeiros prexudicados desta desacertada convocatoria son os usuarios” do transporte público. Deste xeito, advertiu de que “esta folga non beneficia a ninguén” e lamentou as “molestias” que esta situación poida ocasionar á cidadanía, á que garantiu a prestación de servizos mínimos.

ÚLTIMAS

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...

Vigo reclama finalmente a Audasa 120.000 euros polo IBI de 2023, cando finalizou a exención “franquista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamoulle finalmente a Audasa 120.000 euros polo Imposto...

Balaídos gañará 721 asentos máis na bancada de Gol: case 600.000 euros extra para ampliar o aforamento

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a Xunta de Goberno Local deste...

Un ano de cárcere para o administrador dunha empresa de Vigo pola morte dun empregado

O administrador dunha empresa de subministracións navais de Vigo aceptou un ano de prisión...