InicioVigo e contornaVigoInvestigado un veciño de Vigo como presunto autor de 20 estafas por...

Investigado un veciño de Vigo como presunto autor de 20 estafas por toda Galicia

Os beneficios poderían superar os 100.000€.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un veciño de Vigo foi investigado como presunto autor de máis de 20 delitos de estafa cometidos en diferentes establecementos comerciais de distintas localidades galegas, onde pagaba o importe cun xustificante de ingreso bancario falso. As supostas estafas superan os 100.000 euros.

Segundo o relato policial, esta persoa, que conta con “un amplo historial de antecedentes policiais”, dedicábase fundamentalmente á compra de maquinaria agrícola, ferramentas e material audiovisual electrónico, que posteriormente vendía en establecementos de compravenda de obxectos de segunda man.

O presunto autor está investigado por, “polo menos”, 17 estafas que tería cometido en sete localidades da provincia de Pontevedra –Vigo, As Neves, Ponteareas, Redondela, O Porriño, Cañiza e Cangas–, tres na de Ourense –Cortegada, A Gudiña e San Cibrao–, unha en Lugo (Ribadeo) e outra na Coruña (Cambre). Tamén se identificou outro establecemento comercial afectado na comunidade asturiana (Xixón).

As cantidades estafadas, desde o pasado mes de maio, alcanzan os 102.244 euros. Con todo, a Garda Civil explicou que se puideron recuperar diversas ferramentas agrícolas e maquinaria audiovisual para a celebración de espectáculos públicos, ademais dun tracto-camión e o semirremolque dun escenario –a pesar de que boa parte do material comprado de forma fraudulenta xa non figuraba no establecemento de compravenda onde se vendeu–. As dilixencias instruídas entregáronse no Xulgado de Instrución de garda de Ponteareas, onde deberá comparecer o investigado cando sea requirido.

 

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...