InicioSucesosFoxe tras chocar contra un muro en Vigo baixo os efectos do...

Foxe tras chocar contra un muro en Vigo baixo os efectos do alcol

Tamén outro vehículo se deu á fuga tras bater contra un turismo estacionado na rúa Chano Piñeiro.

PUBLICADO O

Unha muller de 32 anos domiciliada en Vigo, A.G.A., foi denunciada por fuxir tras impactar contra o muro dunha vivenda mentres conducía baixo efectos do alcol na cidade olívica. Os feitos tiveron lugar este xoves sobre as 10,00 horas, cando a sala de comunicacións do 02 foi alertada dun turismo chocara contra o muro dunha vivenda na Estrada de Bembrive, segundo detallaron fontes policiais.

Así, os axentes comprobaron que a condutora abandonara o lugar apresuradamente deixando o vehículo no punto da colisión e localizaron o seu domicilio mediante as bases de datos da Dirección Xeral de Tráfico (DXT).

Unha vez no lugar, identificaron á muller e observaron que presentaba claros síntomas de atoparse baixo os efectos do consumo de bebidas alcohólicas, polo que lle realizaron as probas, que arroxaron resultados 0’57 e 0’56 mg/l de alcol por aire expirado, o que non excede o límite penal establecido. Por iso, instruíronse dilixencias e denunciouse a esta persoa por abandonar o punto do accidente sen facilitar os seus datos.

COLISIÓN CONTRA UN VEHÍCULO ESTACIONADO

Por outra banda, os policías tiveron constancia de que, sobre as 00,55 horas deste venres, outro vehículo deuse á fuga tras chocar contra un turismo estacionado na rúa Chano Piñeiro. Unha testemuña facilitou os datos do condutor e estableceuse un operativo de procura composto por varias unidades policiais que permitiu localizar o vehículo na confluencia da rúa Rosalía de Castro coa rotonda de Miragaia.

Deste xeito, identificouse o condutor, un home de 61 anos domiciliado en Vigo, J.G.N.P., ao que se realizaron as probas de alcoholemia debido aos síntomas de consumo que presentaba. Así, obtívose un resultado positivo de 0,66 e 0,59 mg/l de alcol por aire expirado, o que non excede o límite penal establecido, polo que se instruíron dilixencias e denunciouse a esta persoa por abandonar o lugar do accidente sen trasladar os seus datos.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...