InicioSucesosIdentificado un septuaxenario mentres capturaba ameixa de forma furtiva nunha praia de...

Identificado un septuaxenario mentres capturaba ameixa de forma furtiva nunha praia de Vigo

Os feitos tiveron lugar este xoves sobre as 14,40 horas, cando o garda rural requiriu a presenza dunha unidade na praia da Guía.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local identificou un home de 76 anos domiciliado en Vigo, A.R.G., que foi sorprendido mentres capturaba ameixa de forma furtiva nunha praia da urbe olívica.

Fontes policiais detallaron que os feitos tiveron lugar este xoves sobre as 14,40 horas, cando o garda rural requiriu a presenza dunha unidade na praia da Guía. Así, indicou que sorprendera a un home mentres capturaba ameixa, pero que este se negaba a atender os seus requirimentos.

Por iso, os axentes procederon á súa identificación e facilitaron os seus datos ao garda rural para que se adoptasen as medidas pertinentes.

Por outra banda, a Policía Local identificou a cinco persoas en varias praias de Vigo o pasado venres no marco de labores de control de marisqueo prestadas en apoio ao garda rural na zona comprendida entre a praia de Mende e a praia de Portiño. Deste xeito, identificaron a un home de 61 anos domiciliado en Vigo, E.S.V., neste último areal.

Ademais, informaron a unha persoa de 42 anos procedente de Valencia de que non podía recoller marisco en praia da Punta, onde tamén interceptaron a home sorprendido en anteriores ocasións mentres realizaba capturas furtivas, M.A.M., de Vigo e 45 anos de idade; e a outra persoa de 74 anos da mesma cidade, M.S.R.

Así mesmo, identificouse a unha quinta persoa de 46 anos residente en Vigo, J.M.C.C., na praia da Lagoa no marco das mesmas labores de control, que se mantiveron durante toda esta semana.

ÚLTIMAS

O Xulgado critica a falta dun plan de inspeccións de atracións do concello de Vigo tras o accidente do ‘Saltamontes’

O xulgado de instrución número 3 de Vigo, que investiga as circunstancias do accidente...

Vigo prepara o seu Nadal masivo: novo plan de tráfico con tres niveis segundo a afluencia

O Concello de Vigo presentou este martes o plan de tráfico que rexerá durante...

A escritora viguesa An Alfaya, Premio Laxeiro 2026

O padroado da Fundación Laxeiro decidiu outorgar o Premio Laxeiro 2026 á escritora viguesa...

Investigan a morte dun home nunha nave abandonada en Vigo

A Policía Nacional abriu unha investigación para esclarecer as circunstancias da morte dun home,...