InicioVigo e contornaVigoA CIG anuncia máis protestas ante Barreras tras un caso de "represión...

A CIG anuncia máis protestas ante Barreras tras un caso de “represión sindical”

Denuncian que a empresa despediu a un representante sindical acusándoo de facer parte dunha mobilización na que el "non estaba presente".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A CIG anuncia que intensificará as protestas arredor do estaleiro de Barreras nos próximos días. Esta subida de marcha apuntada polo sindicato “en defensa do naval vigués” vén motivada polo duro momento que atravesa a industria, pero tamén polas denuncias de “represión sindical” que veñen de xurdir no seo da delegación da Confederación, que acusa á empresa de ter despedido o delegado da central sindical no comité de empresa de forma inxustificada.

Tal será o motivo da mobilización que o vindeiro luns día 12 se desenvolverá ante o estaleiro ás 11:00 horas e na que esixirá a súa readmisión. Por outro lado, o sindicato apunta que vén de convocar outra concentración para o xoves 15, que tería lugar dende a Dobrada ás 19:00 horas “en demanda de solucións para a grave crise que atravesa o sector”.

Estas convocatorias foron anunciadas este xoves 8 en rolda de prensa da man do secretario xeral da CIG, Paulo Carril, que compareceu diante dos medios de comunicación en Vigo xunto ao secretario comarcal, Alberto Gonçalves, e o propio traballador despedido, Rafa Pérez. O máximo responsábel da central sindical explicou que a manifestación fai parte do calendario de protestas que a CIG leva tempo desenvolvendo para “alertar sobre o declive do sector naval e reclamar solucións que garantan a súa continuidade”.

“REPRESIÓN SINDICAL”

A esta problemática súmase agora a cuestión do traballador despedido, que a CIG cualifica de “represión sindical”: “Temos claro que se trata dunha acción represiva para intentar amedrentar e calar a quen estamos a defender a continuidade do emprego”, asegurou Carril.

Ao parecer, o despedimento de Rafael Pérez veu motivado porque a empresa –din dende a CIG– acúsao de ser responsable da ocupación “simbólica” das instalacións do estaleiro por parte do sindicato o pasado 27 de maio. O problema estaría en que, segundo o traballador, el nin sequera estaba presente no acto. “Alegan que cometín dúas faltas moi graves durante a ocupación do estaleiro, acción na que eu nin participei, aínda que me acusan de ser o responsábel de todo”, censurou.

“En concreto”, apuntan dende o sindicato nun comunicado, “impútanlle dúas faltas por suposto abandono do posto de traballo e por supostamente ter facilitado o acceso ás instalacións poñendo en perigo os compañeiros/as por incumprir o protocolo covid”, cuestións que segundo o traballador serían “absolutamente falsas que a empresa inventa para despedirme”.

ÚLTIMAS

Un atuneiro dunha empresa viguesa, implicado nun naufraxio cun desaparecido nas Galápagos

O atuneiro 'Ría de Aldán', comprado o ano pasado pola viguesa Wofco, viuse implicado nun accidente...

Restablecen a circulación na ponte de Rande logo dun accidente múltiple que provocou retencións

A circulación na ponte de Rande quedou restablecida despois de algo máis dunha hora...

O AVE Vigo – Porto tardará 50 minutos, pero non se sabe cando estará operativo

Portugal prevé que a conexión en tren de Vigo ao Porto sexa de 50 minutos...

A Xunta intervirá Ambulancias del Atlántico con tres técnicos de Tragsa e xestionará a entrega de nóminas

Os sindicatos CIG, CC.OO. e USO informaron, nun comunicado conxunto, do achegamento de posturas...