InicioSociedadeFamiliares de usuarias da DomusVi de Cangas critican as dilixencias "insuficientes" ante...

Familiares de usuarias da DomusVi de Cangas critican as dilixencias “insuficientes” ante o arquivo da causa

O despacho Pérez-Lema Avogados e Consultores considera que "non se permitiu a identificación dos datos obxectivos".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O despacho Pérez-Lema Avogados e Consultores, que representa a familiares de usuarias da residencia DomusVi de Aldán, en Cangas, critica que as dilixencias practicas “son insuficientes” –como o requirimento documental e ditame médico-forense–, despois de que a Audiencia Provincial de Pontevedra confirmase o sobresemento do procedemento penal contra a empresa e dous ex altos cargos da Consellería de Política Social da Xunta.

A Sección Cuarta da Audiencia ditou a pasada semana o arquivo dunha causa aberta por mor dunha querela presentada polas fillas de dúas usuarias do centro de Cangas que se contaxiaron de covid-19 durante a primeira onda da pandemia, das cales unha terminou falecendo.

Respecto diso, o bufete de avogados censura que as dilixencias “adoecen de incongruencias e rumbos que limitan o seu valor probatorio”. Expón que non acharon indicios de responsabilidade penal “porque non se permitiu a identificación dos datos obxectivos, a pesar de disporse de probas para facelo”.

Reproba que “a documentación manexada respondía unicamente aos intereses de defensa da residencia DomusVi Aldán e non avaliou o grao de cumprimento dos protocolos sanitarios”. Por iso, non descarta a toma en consideración de novas probas.

A modo de exemplo, apunta a que a “única información manexada polo médico forense” foi o informe asistencial e o informe de alta hospitalaria, “sen que conste consulta do historial clínico” dunha das residentes. “Isto é: avalíase a unha persoas morta a través de documentos que non achegan información sobre o acontecido nos días previos ao óbito e sobre os coidados recibidos”.

Así mesmo, Pérez-Lema Avogados e Consultores quéixase de que “non se permitiu” avaliar as circunstancias concretas de cada caso, nin sequera mediante a avaliación médica a unha das súas defendidas que non faleceu.

“A única certeza é que os falecementos non se produciron de preservar ás persoas residentes do contaxio do coronavirus”, sostén a acusación.

ÚLTIMAS

Un falecido e tres feridos nun choque frontal en Redondela: un dos ocupantes quedou atrapado no vehículo

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos este...

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

Buscan un novo plan funcional e estratéxico para o IFEVI de Vigo

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, informou de que este venres...