InicioPolíticaAbel Caballero alerta que todas as luces vermellas "están acendidas polos recheos...

Abel Caballero alerta que todas as luces vermellas “están acendidas polos recheos que pretende facer o Porto”

"Queren matar a ría", denunciou o alcalde de Vigo, quen instou ao Porto a "racionalizar" o seu espazo en lugar de gañar máis superficie ao mar.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a criticar este venres a intención da Autoridade Portuaria de acometer novos recheos e advertiu de que “todas as luces vermellas de alerta antirrecheos están acendidas” na cidade.

Nunha rolda de prensa despois de participar na reunión mensual do Consello de Administración do Porto, no que se presentou un informe sobre o plan de empresa da terminal (que contempla eses recheos), o rexedor olívico reiterou a súa “total oposición” a este tipo de actuación.

Segundo precisou, a Autoridade Portuaria expón a necesidade de facer un recheo no peirao ro-ro de Bouzas (con tres alternativas, que van desde os 60.000 aos 82.000 metros cadrados); outro no peirao de Comercio, de 56.000 metros cadrados; e un terceiro no peirao de reparacións de Bouzas, do que non se concretou superficie.

Para o alcalde, estas pretensións son “intolerables”, e recalcou que o ecosistema da ría de Vigo é moi “delicado”, polo que “hai que protexela”. “Non se vai a facer, que o saiban. Queren matar a ría”, denunciou Caballero, quen instou ao Porto a “racionalizar” o seu espazo en lugar de gañar máis superficie ao mar.

O rexedor referiuse tamén aos plans da terminal portuaria para a conexión ferroviaria do peirao de Bouzas, e repetiu que non tolerará a construción dunha vía de tren que “rompa” a cidade e que, ademais, a planta do Grupo Stellantis (antes PSA) “non quere”.

Eu xa sei que a cidade non está preocupada porque sabe que non se vai a facer, porque eu o vou parar”, apostilou con respecto a este tren e aos recheos.

ÚLTIMAS

Prisión provisional para a muller detida polo homicidio dun home sen fogar na antiga estación de autobuses de Vigo

A muller detida como presunta autora da morte dun home acoitelado na tarde do...

Caballero, ao coñecer que León impartirá Medicina en 2026: “A Vigo, a Xunta négalle unha facultade. É un escándalo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou de novo contra a Xunta de Galicia...

Caballero acusa a Rueda e o PPdeG de deixar a Vigo sen Facultade de Medicina: “É unha pésima noticia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou este venres como unha "noticia pésima"...

A Xunta e o Porto de Vigo dan por finalizada a limpeza da vertedura de aceite de palma na ría

Tras unha semana de traballos de retirada e contención, a Xunta e o Porto...