InicioSociedadeO Álvaro Cunqueiro sumarase ao Ifevi como punto de vacinación masiva da...

O Álvaro Cunqueiro sumarase ao Ifevi como punto de vacinación masiva da área viguesa

A próxima semana serán citadas 2.000 persoas para recibir as súas doses¡ no complexo hospitalario e outras 35.000 no recinto feiral.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Hospital Álvaro Cunqueiro sumarase ao Instituto Feiral de Vigo como punto de vacinación masiva contra a Covid-19 na área sanitaria viguesa a próxima semana, coa citación de 2.000 persoas para recibir as súas doses.

Así o confirmaron fontes sanitarias, que aclararon que o hospital foi sempre un lugar de vacinación nesta campaña, pero con moitas menos citas que as programadas para o Ifevi. A próxima semana, con todo, citarase a 2.000 persoas no Álvaro Cunqueiro, en concreto, serán pacientes que recibirán a súa segunda dose de vacina.

Sanidade informou de que a próxima semana convocarase 35.500 persoas no Ifevi e 2.000 no hospital, dentro do programa de inmunización do colectivo etario de 40 a 49 anos (primeira dose), e tamén persoas que reciben a súa segunda dose.

Así mesmo, avanzou que o sábado 3 de xullo iniciará a vacinación de persoas entre 30 e 39 anos de idade na área de Vigo. Así, para ese día prevese citar a 5.000 pacientes no Instituto Feiral da cidade.

ÚLTIMAS

O feminismo vigués convoca unha manifestación o 8M baixo o lema ‘Fronte ao medo e o fascismo, a resistencia é feminismo’

A plataforma Resposta Feminista – As que miran lila chamou a saír ás rúas...

Caballero acusa ao conselleiro de Sanidade de que os exames MIR se fagan en Santiago “porque é de alí”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, urxiu ao Ministerio de Sanidade e á Consellería...

Vigo abre o CIS Olimpia Valencia con 65 consultas para atender a 42.000 persoas

O novo Centro Integrado de Saúde (CIS) Olimpia Valencia, o terceiro de Galicia, abre...

O BNG propón impulsar comunidades enerxéticas locais para producir e consumir enerxía renovable

O BNG de Vigo propuxo que o Concello cree unha oficina municipal de enerxía...