InicioSociedadeOrganizan acompañamentos en bici para mulleres que queiran aprender a circular con...

Organizan acompañamentos en bici para mulleres que queiran aprender a circular con seguridade por Vigo

Greenpeace e o colectivo ecofeminista "Mulleres Bicivisíbeis" organizan estas saídas de balde para contribuír a aumentar o número de mulleres ciclistas na cidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A organización medioambiental Greenpeace e o colectivo ecofeminista Mulleres Bicivisíbeis ofertan a partir da vindeira semana e de balde sesións de acompañamento a mulleres que desexen moverse pola cidade de Vigo en bicicleta pero que non se atrevan a facelo por sentírense inseguras.

A intensidade e agresividade do tráfico urbano, a carencia dunha rede ciclista que permita desprazarse por toda a cidade e mesmo situacións de acoso son parte das razóns polas cales moitas mulleres renuncian á bicicleta como un medio de transporte na cidade. Para apuntarse a participar nestes acompañamentos só hai que saber andar en bicicleta, dispor dunha bici e escribir á dirección de correo do colectivo ecofeminista. As saídas realizaranse en grupos reducidos, polo que as prazas son limitadas e crearanse os grupos por orde de inscrición.

A iniciativa forma parte do proyecto Mulleres Bicivísibeis, que as dúas organizacións participantes están a desenvolver para contribuír a aumentar o número de mulleres ciclistas na cidade e deste xeito impulsar o transporte sostíbel non motorizado en detrimento dos vehículos particulares. O devandito proxecto conta tamén con cursos para aprender a andar en bicicleta a mulleres, o primeiro dos cales se desenvolveu “a finais de maio cun rotundo éxito e conta cunha importante lista de espera á que se tentará ir atendendo en vindeiras edicións”, apuntan dende Greenpeace.

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a licitación de 55 vivendas públicas en San Paio de Navia

O Consello da Xunta deu luz verde á licitación do contrato de execución das...

A ‘guerra’ de pantallas non dá tregua: Abel Caballero chama aos vigueses a ver a semifinal nunha “pantalla xigante de verdade”

A peculiar 'guerra' entre Deputación de Pontevedra e Concello de Vigo pola instalación de...

Condenado a tres anos de prisión un home por tráfico de drogas

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena de tres anos...

Saen dous camións de bombeiros de Vigo cara a Ucraína

O Concello de Vigo formalizou a doazón de dous camións de bombeiros a Ucraína,...