InicioEconomíaOpel xa admite pedidos do novo Combo-e Life, fabricado en Vigo

Opel xa admite pedidos do novo Combo-e Life, fabricado en Vigo

Este vehículo conta con 280 quilómetros de autonomía, ten un motor eléctrico de 136 cabalos de potencia, a súa batería de ións de litio de 50 quilowatts hora (kWh) pode cargarse ao 80% nuns 30 minutos en puntos de carga rápidos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A firma automobilística Opel xa admite pedidos en España do novo Combo-e Life, que se fabrica na planta que o grupo Stellantis (fusión de PSA e FCA) ten en Vigo e dispón de ata 280 quilómetros de autonomía ‘cero emisións’ cunha soa carga.

Dispoñible con carrozaría curta ou longa, de 4,40 e 4,75 metros, respectivamente, o novo Combo-e Life ofrécese con cinco ou sete prazas. Ademais, pode ter unha ou dúas portas laterais correderas.

O modelo máis curto con cinco prazas conta con 597 litros de capacidade de maleteiro, mentres que a versión máis longa alcanza os 850 litros. Cos asentos traseiros abatidos, o volume sobe aos 2.126 e 2.693 litros, respectivamente.

Cun motor eléctrico de 136 cabalos de potencia, a súa batería de ións de litio de 50 quilowatts hora (kWh) pode cargarse ao 80% nuns 30 minutos en puntos de carga rápidos. O vehículo dispón dunha autonomía de ata 280 quilómetros.

Así, o modelo acelera de 0 a 100 quilómetros por hora en 11,2 segundos, alcanzando unha velocidade máxima limitada electronicamente de 130 quilómetros por hora.

O novo ‘español’ Combo-e Life chegará aos concesionarios este inverno, uníndose á gama electrificada de Opel, que xa conta coa Corsa-e, o Mokka-e, o Zafira-e Life e o Grandlad X híbrido enchufable.

ÚLTIMAS

Axentes interveñen nunha pelexa entre pais tras unha discusión dos seus fillos

Axentes da Policía Local, con apoio de efectivos da Policía Nacional, interviñeron nunha pelexa...

Un acertante de ‘A Primitiva’ gana máis de 1,2 millóns de euros en Vigo

O dono dun boleto de 'La Primitiva' validado en Vigo percibirá máis de 1,2 millóns...

Detido un veciño de Nigrán tras supostamente agredir á súa parella por non facerlle a cea

Un home, de Nigrán e 44 anos de idade, foi detido na noite deste...

Decenas de persoas protestan para esixir un protocolo que garanta seguridade no SAF: “Teresa somos todas”

Preto dunhas 200 persoas manifestáronse na tarde deste mércores en Vigo para esixir un...