InicioSociedadeO peche temporal da cociña no Álvaro Cunqueiro irá ao Parlamento

O peche temporal da cociña no Álvaro Cunqueiro irá ao Parlamento

O BNG achegará esta iniciativa menrres demanda que se esixan responsabilidades á empresa concesionaria e a posta en marcha dunha auditoría para analizar o funcionamento dos servizos de xestión privada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG rexistrou unha serie de iniciativas no Parlamento de Galicia en relación ao peche temporal da cociña do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, unha decisión adoptada pola concesionaria debido a unhas obras de reparación no chan dese servizo.

A portavoz de Sanidade do Bloque na Cámara, Montse Prado, criticou o peche, “derivado dos problemas estruturais” e de “a mala calidade dos materiais utilizados na construción do hospital”, que provocará que “se traia comida desde 800 quilómetros de distancia”, en referencia a Zaragoza, segundo recolleu nun comunicado a formación.

“O Partido Popular ten que explicar que vai facer para que este peche non signifique unha peor alimentación das persoas hospitalizadas, que medidas vaille a esixir á empresa concesionaria e que seguimento fai do funcionamento do hospital”, remarcou a deputada autonómica.

Neste sentido, o BNG demanda que se esixan responsabilidades á empresa concesionaria e a posta en marcha dunha auditoría para analizar o funcionamento dos servizos de xestión privada. Ademais, nas iniciativas urxe o “irrenunciable” rescate da concesión para “reverter o modelo privatizador que impuxo a Xunta do Partido Popular”.

ÚLTIMAS

O tráfico de mercadorías do Porto de Vigo rexistra nova marca histórica

O Porto de Vigo pechou o primeiro semestre deste ano con novas "marcas históricas",...

Caballero esixe á Xunta que remate co maltrato á educación viguesa

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve "intolerable" que a Xunta "maltrate a educación...

O PP de Vigo lamenta a “falta de alternativas” do Concello tras non autorizar atraccións nas festas Bouzas

O grupo municipal do PP de Vigo lamentou a "falta de alternativas" do Concello...

Detido en Vigo por transportar máis de 100 pastillas de anabolizantes e viagra no seu coche

A Policía Local de Vigo detivo o pasado mércores a un home, I.E.R.Q. de...