InicioSociedadeA Área Sanitaria de Vigo terá unha segunda unidade de saúde mental...

A Área Sanitaria de Vigo terá unha segunda unidade de saúde mental infanto-xuvenil

As dúas unidades contarán conxuntamente con cinco psiquiatras, tres psicólogos, unha enfermeira e un traballador social.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) puxo en marcha unha nova unidade de Saúde Mental Infanto-xuvenil no Hospital Álvaro Cunqueiro, a segunda deste tipo que se sitúa na área Sanitaria de Vigo.

Así o comunicou o Sergas, que informou de que esta nova unidade disporá dun equipo de cinco profesionais. Desta forma, as dúas unidades contarán conxuntamente con cinco psiquiatras, tres psicólogos, unha enfermeira e un traballador social.

O pasado ano os profesionais de Saúde Mental Infanto-xuvenil atenderon 7.000 consultas de menores de 16 anos. Coa pandemia rexistrouse “unha repunta nesta demanda, tanto ambulatoria como a través do servizo de Urxencias”, polo que o Sergas está “a reforzar o servizo de Psiquiatría nesta Área”.

Neste sentido, durante unha visita este mércores ao Hospital Álvaro Cunqueiro, o xerente do Sergas, José Flores, destacou que con esta nova unidade “dáse un paso máis no desenvolvemento do Plan de Saúde Mental de Galicia, que xa alcanzou un alto nivel de execución”.

Así, este mesmo martes púxose en marcha unha unidade de Saúde Mental ambulatoria para o Baixo Miño, e nos próximos días abrirase un hospital de día no Nicolás Peña e posteriormente unha unidade de hospitalización de menores no Álvaro Cunqueiro.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...