InicioEconomíaCaballero destaca que o pago a provedores do Concello en abril foi...

Caballero destaca que o pago a provedores do Concello en abril foi de 8,3 días

"Todo o mundo quere traballar co Concello de Vigo. Somos moito máis eficientes que empresas privadas e que entidades públicas en toda España", concluíu o rexedor vigués.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, destacou que o pago a provedores do Concello de Vigo no mes de abril foi de 8,3 días, o que representa, asegurou, “menos da metade que a Xunta e 10 veces menos que algúns concellos de España”.

Así o trasladou nunha rolda de prensa este luns, na que mantivo que estas cifras supoñen “un volume de pago moi importante” e unha “moi boa situación de funcionamento económico” da administración olívica.

“Todo o mundo quere traballar co Concello de Vigo. Non hai nin unha soa empresa privada que pague en 8 días, somos moito máis eficientes que empresas privadas e que entidades públicas en toda España”, concluíu.

Noutra orde de asuntos, Caballero indicou que falou co presidente de Renfe respecto das frecuencias de tren que conectan Vigo con Madrid. Segundo indicou, están “a aproximar posturas” e avanzou que “en poucas semanas” haberá “novidades” sobre as mesmas, aínda que evitou adiantar detalles.

BIBLIOTECAS E ASTRONOMÍA

Doutra banda, o rexedor anunciou na mesma rolda de prensa que en xuño e durante a primeira quincena de xullo o Concello de Vigo reforzará os horarios nas salas de estudo da cidade. Así, indicou que tanto na biblioteca do Mar de Vigo como na aula de Navia van ampliar o horario ata as 12 da noite.

A maiores, adiantou que “en breves” se iniciará a construción da biblioteca de Teis e “inmediatamente aprobarase” a Biblioteca do Estado na rúa Lalín, co que se conseguirá “un fortalecemento das prazas” de estudo na cidade.

Neste marco, asegurou que “toda a oferta” de postos de lectura e de estudo na cidade é do Concello de Vigo, ao que se suma a biblioteca de enxeñeiros da Universidade de Vigo e a da Escola de Comercio. Mentres, criticou que “a Xunta non ten ningunha”.

Finalmente, indicou que a partir do próximo 26 de xuño iniciaranse diversas actividades de astronomía en VigoZoo, para “conmemorar que o zoo cumpre medio século”. Así, celebraranse os sábados astronómicos e a noite das Perseidas, ademais de actividades os domingos.

ÚLTIMAS

Prisión provisional para a muller detida polo homicidio dun home sen fogar na antiga estación de autobuses de Vigo

A muller detida como presunta autora da morte dun home acoitelado na tarde do...

Caballero, ao coñecer que León impartirá Medicina en 2026: “A Vigo, a Xunta négalle unha facultade. É un escándalo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou de novo contra a Xunta de Galicia...

Caballero acusa a Rueda e o PPdeG de deixar a Vigo sen Facultade de Medicina: “É unha pésima noticia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou este venres como unha "noticia pésima"...

A Xunta e o Porto de Vigo dan por finalizada a limpeza da vertedura de aceite de palma na ría

Tras unha semana de traballos de retirada e contención, a Xunta e o Porto...