InicioPolíticaA Xunta destaca os avances que permitirá a unidade de hospitalización psiquiátrica...

A Xunta destaca os avances que permitirá a unidade de hospitalización psiquiátrica infanto-xuvenil de Vigo

Estará atendida por dous psiquiatras, un psicólogo, un terapeuta ocupacional, un celador, e un amplo equipo de enfermaría especializada en saúde mental.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, puxo en valor este mércores os avances que permitirá a futura unidade de hospitalización psiquiátrica infanto-xuvenil que se porá en marcha no Hospital Universitario Álvaro Cunqueiro de Vigo.

O titular de Sanidade deu resposta este mércores na Cámara galega a unha pregunta sobre este asunto formulada pola deputada do BNG Alexandra Fernández, quen preguntou á Xunta se porá en marcha nesta cidade unha unidade de desorde alimentaria e asegurou que a existencia dunha soa unidade en toda Galicia, a situada en Santiago, sobre esta problemática é “insuficiente”.

Na súa resposta, o conselleiro lembrou que, hai unha semana, o Sergas publicou a licitación do proxecto desta unidade de hospitalización psiquiátrica infanto-xuvenil do Hospital Álvaro Cunqueiro, por un importe de 70.000 euros.

Segundo apuntou, unha vez que se conte co proxecto, licitarase a execución das obras, que están incluídas dentro da partida de 2,7 millóns de euros que os orzamentos da Xunta prevén este ano para as reformas previstas no hospital de Vigo.

O conselleiro detallou que esta nova unidade, de máis de 600 metros cadrados, estará atendida por dous psiquiatras, un psicólogo, un terapeuta ocupacional, un celador, e un amplo equipo de enfermaría especializada en saúde mental.

En fronte, a parlamentaria nacionalista, advertiu de que as desordes alimenticias non só afectan a nenos e adolescentes, polo que avisou de que deste xeito só se atenderá a “parte” das persoas que padecen estes problemas.

O Cunqueiro terá unha unidade de hospitalización de saúde mental infanto-xuvenil de referencia para o sur de Galicia

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...