InicioVigo e contornaA mobilización contra o ERE no BBVA deixa "paralizadas" as oficinas da...

A mobilización contra o ERE no BBVA deixa “paralizadas” as oficinas da provincia de Pontevedra

Os organizadores celebran o seguimento dunha xornada de folga contra o cen despedimentos planeados pola compañía en Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Traballadores de BBVA en Galicia mobilizáronse nunha xornada de folga convocada pola CIG, xunto cos sindicatos ELA, LAB SACT SEC e CGT, en rexeitamento a un expediente de regulación de emprego (ERE) que o secretario da sección sindical da central nacionalista na entidade, Miguel Fernández, cualificou de “inxusto” e “inxustificado”.

Fixérono nunha manifestación central celebrada na Coruña que tamén contou con seguimento no resto de provincias da Comunidade. Segundo Miguel Fernández , “a provincia de Pontevedra está totalmente pechada e en Ourense e A Coruña o seguimento é de case o cento por cento”. Á vista disto, o presidente do comité de empresa celebrou que a folga sexa “un éxito”. “É o razoable porque é o que se demanda polos traballadores, o ir á folga porque a empresa non nos deixa outra saída”. Por outra banda, reiterou que na reunión da mesa de negociación celebrada este martes díxoselles “sen rubor” aos representantes sindicais que “a maioría dos despedimentos ían afectar a persoas de menos de 50 anos”.

En declaracións aos xornalistas, Fernández cualificou de “masivo” o seguimento da xornada de folga de 24 horas“Próximo ao 100% do persoal e do peche de oficinas”, sinalou tras cualificar de “rotundo” o éxito da convocatoria. “O persoal mostra claramente que está en contra deste ERE inxusto e inxustificado”, dixo o representante da CIG para quen a empresa “ten que tomar nota da mobilización”.

UN CENTENAR DE DESPEDIMENTOS EN GALICIA

Das últimas reunións coa empresa, considerou que o resultado das mesmas non foi “nada positivo”.“En Galicia propoñen diminuír os despedimentos de 122 a 101 persoas, pero que 21 persoas pasen a prestar servizos de telemarketing empeorando as súas condicións laborais”. “É absurdo botar xente na rúa e que a que quede, quede en peores condicións”, expuxo. Tamén ha rexeitando o ERE polos beneficios obtidos pola entidade tanto o ano pasado como no primeiro trimestre. “E cunha cúpula directiva que se segue subindo os salarios”, recalcou como argumento para asegurar que “non hai motivo” para o citado expediente de regulación de emprego.

Sobre as prexubilacións, asegurou que no caso de Galicia, con 128 persoas maiores de 58 anos, non habería “problema para prejubilar”. “Pero onte –expuxo sobre a última reunión coa entidade– dinnos que van despedir maioritariamente a persoas de menos de 50 anos”. Por outra banda, lembrou que as protestas proseguirán a próxima semana na que convocaron un paro de dúas horas e unha nova xornada de folga o mércores.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá o vindeiro 5 de xullo unha nova cita do circuíto de carreiras “Ponlle Freo”

Vigo será unha das paradas principais do circuíto de carreiras Ponlle Freo 2026, segundo...

Caballero carga contra a Xunta pola vivenda en Vigo e cualifica de “contos chineses” o plan das 2.000 vivendas do Ofimático

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou os anuncios da Xunta sobre a construción...

O PP acusa a Caballero de “expulsar á Xunta” da firma do convenio da ETEA e de Vigo

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, reprochou ao alcalde, Abel Caballero, o...

Esquerda Unida propón cambios no Mercado das Travesas para priorizar os peóns e reducir a velocidade do tráfico

Esquerda Unida presentou este martes no rexistro do Concello de Vigo unha proposta de...