InicioSociedadeA neurocirurxiá Rosa Martínez, nomeada directora provisional de Atención Hospitalaria da área...

A neurocirurxiá Rosa Martínez, nomeada directora provisional de Atención Hospitalaria da área sanitaria de Vigo

Este nomeamento prodúcese con carácter provisional, ata que se resolva o concurso público notificado no Diario Oficial de Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A neurocirurxiá Rosa Martínez Rolan foi nomeada nova directora de Atención Hospitalaria da área sanitaria de Vigo. Este nomeamento prodúcese con carácter provisional, ata que se resolva o concurso público notificado no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Así o comunicou o Servizo Galego de Saúde (Sergas), que indicou que Martínez Rolan substitúe no posto á doutora Susana Cerqueiro, quen á súa vez foi nomeada en novembro do pasado ano como nova directora de Procesos Asistenciais da área Sanitaria de Vigo, en substitución de Alfredo Silva.

Martínez Rolan é licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), é especialista en neurocirurxía e doutora en Medicina.

A súa traxectoria profesional vincúlase ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) desde hai 20 anos, onde traballou no antigo hospital Xeral-Cíes e no Hospital Álvaro Cunqueiro.

É tamén colaboradora docente na formación de médicos residentes e profesora asociada de Ciencias de Saúde na área de Cirurxía da Facultade de Medicina da USC. Ademais, colaborou coa Universidade de Vigo na dirección de teses doutorais e traballos de fin de máster.

ÚLTIMAS

Vigo crea ‘A Navideña’, unha “Compostelana” que acredita a visita á cidade durante as festas

OO alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a creación de "A Navideña", un certificado...

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

Tres menores provocan a detendión dun presunto pedófilo tras crear unha conta falsa en redes

A Garda Civil de Vigo detivo a un home de 47 anos, veciño de...