InicioSociedadeAs praias de Samil e O Vao volverán ser divididas en cuadrículas...

As praias de Samil e O Vao volverán ser divididas en cuadrículas este verán

O sistema estará operativo durante os meses de xullo e agosto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O sistema de cuadrículas con cintas para garantir a separación volverá activarse nas praias viguesa de Samil e O Vao este verán, segundo avanzou o alcalde da cidade, Abel Caballero.

Así, o rexedor explicou que ese sistema estará operativo durante os meses de xullo e agosto neses areais, do mesmo xeito que xa o estivo o verán pasado, e todo iso a pesar de que, segundo apuntou o propio Caballero, a tempada deste ano, no que a pandemia se refire, “será menos mala”.

O alcalde, que reiterou a intención municipal de garantir a seguridade “mil por mil” fronte a posibles contaxios, matizou que colocar de novo as cintas nesas praias “non significa ningunha limitación adicional á establecida pola autoridade sanitaria”, senón que permitirá distribuír homoxeneamente o número máximo de persoas permitidas.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...