InicioSociedadeA Universidade de Vigo prepárase para lanzar un satélite ao espazo

A Universidade de Vigo prepárase para lanzar un satélite ao espazo

Alumnos de Vigo e Ourense traballan nun proxecto que podería achegar novas conclusións sobre os efectos do espazo sobre os seres vivos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo dá un paso máis na súa aposta polo progreso tecnolóxico cun plan especial chamado a sentar precedente. Unha vintena de estudantes dos campus de Ourense e a cidade olívica veñen de poñer en marcha UVigo SpaceLab, que dende a institución definen como “un equipo multidisciplinar” cuxo obxectivo non será outro que mandar un satélite ao espacio.

O proxecto, recollido baixo o nome BIXO (Bacteriological Intercommunication eXperiment) ten un horizonte temporal de tres anos para proceder ao deseño, fabricación e operación destes pequenos satélites que serían dispostos cun obxectivo claro: enviar microorganismos ao espazo para estudar como lles afecta a exposición prolonga a ese entorno máis alá da nosa atmosfera.

Segundo explican dende a Univeridade, o UVigo SpaceLab está a procurar novos membros a través dunha convocatorio dispoñible para todo o alumnado da universidade, que se poderá inscribir ata o 27 de maio.  O proxecto BIXO, engaden, ten a finalidade de “entender como afecta a exposición prolongada ao ambiente espacial, tanto nos humanos como nos organismos que viaxan con eles”.

Para cumprir este obxectivo, enviaranse cultivos bacterianos ao espazo a través de tarxetas de milifluídica nun CubeSat, un satélite de pequenas dimensións. A análise dos datos das mostras comezará cando este nanosatélite estea en órbita e, grazas aos seus sensores, terá en consideración distintos parámetros do comportamento dos microorganismos, como o seu crecemento ou a posible comunicación intercelular bacteriana.

A importancia dos procesos examinados é “máxima”, apuntan, xa que poden influír na saúde e seguridade das astronautas. No caso dos patóxenos é evidente, pois tanto o seu desenvolvemento como a comunicación intercelular poden xerar resistencia aos antibióticos, crear biofilms ou mesmo orixinar factores virulentos. 

ÚLTIMAS

A Garda Civil recolle pistas sobre o atropelo mortal na AP-9 en Teis

A Garda Civil continúa investigando o atropelo mortal a un home de 33 anos ocorrido na...

OPINIÓN.- A vivenda como dereito nun modelo de cultura económica neoliberal

Cando falamos de vivenda habitual, estamos facendo referencia a un dereito fundamental recollido na...

Investigan o atropelo mortal a un home de 33 anos na AP-9 en Vigo

A Garda Civil investiga o atropelo mortal a un home de 33 anos, veciño...

Vigo aproba o seu orzamento para 2025 cos votos a favor do PSOE e o ‘non’ de BNG e PP

O pleno do Concello de Vigo aprobou este luns o orzamento municipal para 2025, que...