InicioSociedadeA UVigo porá en órbita un nanosatélite para estudar microorganismos no espazo

A UVigo porá en órbita un nanosatélite para estudar microorganismos no espazo

Trátase dunha misión biolóxica que se desenvolverá durante tres anos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O equipo multidisciplinar UVigo SpaceLab da Universidade de Vigo puxo en marcha unha misión biolóxica polo que porá en órbita un nanosatélite co obxectivo analizar os efectos reais da exposición prolongada dos microorganismos ao medio espacial.

Este proxecto, denominado ‘Bacteriological Intercommunication eXperiment’ (BIXO) desenvolverase en tres anos e actualmente ten en marcha unha convocatoria –aberta ata o 27 de maio– para atopar novos membros dentro da comunidade universitaria viguesa.

Segundo informou a institución académica, o proxecto BIXO busca “entender como afecta a exposición prolongada ao ambiente espacial tanto nos humanos como nos organismos que viaxan con eles”. Neste sentido, apuntou que a importancia dos procesos examinados “é máxima”, xa que “poden influír na saúde e seguridade das astronautas”.

Para levar a cabo o estudo, enviaranse cultivos bacterianos ao espazo a través de cartóns de milifluídica nun satélite de pequenas dimensións ‘CubeSat’. Unha vez que estea en órbita, empezarán a analizarse as mostras a partir duns sensores, que achegarán información sobre distintos parámetros de comportamento dos microorganismos.

Despois de definir a misión, este ano o equipo prevé completar o deseño preliminar e o prototipo da estrutura e os distintos subsistemas. Tras iso, en 2022 comezará a ensamblaxe e a verificación da misión.

Paralelamente, UVigo SpaceLab realizará probas preliminares para garantir que os organismos que serán enviados no ‘CubeSat’ poidan sobrevivir á viaxe. Na última etapa, “non antes de 2023”, lanzarase o nanosatélite, tras o que o proxecto se prolongará nove meses –o tempo que duraría unha viaxe entre a Terra e Marte–.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...