InicioCulturaCheo para asistir en Vigo á revisión musical de Xela Arias

Cheo para asistir en Vigo á revisión musical de Xela Arias

O concerto terá lugar o vindeiro 16 de maio.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concerto das Letras Galegas do próximo 16 de maio organizado polo Consello de Cultura Galega (CCG) en homenaxe á escritora Xela Arias esgotou as súas entradas tras apenas 12 días á venda. Segundo recolle un comunicado do CCG, “a proposta fundirá este ano a experimentación musical de Laura LaMontagne e PicoAmperio coa poética de Xela Arias […] figura á que se lle dedica nesta ocasión o Día das Letras Galegas”. Os dous artistas basearanse nos poemarios ‘Denuncia do Equilibrio’ e ‘Tigres coma Cabalos’ da homenaxeada.

Ademais deste bloque central, o espectáculo tamén incluirá composicións propias, textos doutras poetisas como Luz Fandiño, e revisións de clásicos de Martin Codax, Airas Nunes ou Alfonso X ‘Ou Sabio’. O broche final porao o Himno de Galicia, como vén sendo habitual neste acto, aínda que este ano adecuarase á estética do concerto.

O Consello da Cultura Galega non só organizará este concerto. Tamén deseñou todo un programa de actividades máis aló do 17 de maio, día central da homenaxe a Xela Arias, “encamiñadas a dar visibilidade ao seu traballo como creadora e como tradutora”.

ESTREA EN VIGO

O concerto terá lugar no Auditorio Mar de Vigo, polo que será a primeira vez que este espectáculo teña lugar na cidade olívica tras once edicións. Neste once anos, Santiago e Pontevedra capitalizaron o espectáculo, albergando catro e tres edicións respectivamente. As outras tres repártense entre A Coruña, Lugo e Ourense.

A pesar de esgotar as entradas, os interesados en asistir ao acto poderán seguilo en directo desde a web do CCG e da CRTVG. Ademais, a TVG retransmitirao en aberto ao día seguinte, o día 17, a través da súa segunda canle.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo promete “o maior cadro de bombeiros da súa historia” no outono ante críticas por “falta de persoal”

O goberno de Vigo asegurou que o Concello está a incorporar novos profesionais de...

Os traballadores de Lugove manteñen a folga e acusan a empresa de rexeitar a negociación

O conflito laboral en Lugove, concesionaria do transporte público interurbano que conecta Vigo co...

Peinador “non vai tan mal” di Abel Caballero que reclama as mesmas axudas que recibe Santiago

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este xoves que Peinador "non vai tan...

Mantense a prohibición de baño na praia da Punta tras unha nova analítica

O Concello de Vigo mantén a prohibición de bañarse na praia da Punta, situada...