InicioSociedadeVigo confirma case 30 novos positivos e un aumento de ingresos por...

Vigo confirma case 30 novos positivos e un aumento de ingresos por Covid

Dúas persoas máis foron hospitalizadas por mor da enfermidade, nunha xornada na que a área viguesa descende en 32 os casos activos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo inicia a primeira semana sen estado de alarma cun aumento dos pacientes ingresados debido á Covid-19 a 54, posto que dúas persoas máis foron hospitalizadas nas últimas horas en unidades convencionais. Pola súa banda, en UCI mantéñense 14 pacientes deses 54. Segundo os datos actualizados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas deste domingo, na área de Vigo descenden en 32 os casos activos, aínda que se segue situando á cabeza con 825 infeccións. Ademais, Vigo confirmou 28 positivos por PCR nas últimas 24 horas.

GALICIA

No conxunto de Galicia os ingresos soben ata os 209, sete máis que a xornada pasada, mentres que os novos contaxios descenderon a 152, que supoñen 37 menos. Pola súa banda, os casos activos reducíronse lixeiramente a 2.984. Segundo os datos de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas deste domingo, aumentan a 46 os pacientes Covid en UCI en Galicia –dous máis– e a 163 os que permanecen noutras unidades de hospitalización –cinco máis–.

Por tanto, os contaxiados no conxunto de Galicia ascenden a 123.883, dos cales 29.941 corresponden á área da Coruña e Cee; 24.122, á de Vigo; 19.417, á de Santiago e Barbanza; 15.469, á de Ourense; 13.891, á de Pontevedra e O Salnés; 12.566, á de Lugo; e 8.477, á de Ferrol.

Desde o inicio da pandemia leváronse a cabo en Galicia 2.126.018 PCR, que implican 9.198 probas máis que a xornada anterior, un centenar menos que o día pasado. En canto á taxa de positividade –porcentaxe de infeccións por test PCR realizados– incrementou a un2,3 por cento tras caer a un 1,76 por cento na xornada anterior no conxunto de Galicia. Así, segue por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada a pandemia.

ÚLTIMAS

O francés Adrien Loron e a chilena Fernanda Gildemeister, vencedores do MTB Downtown no Marisquiño

Marisquiño 2026 proclamou este domingo os gañadores de todas as competicións da súa XXVI...

O Marisquiño chega o seu final cun domingo decisivo para os títulos deportivos e o concerto de L0rna

A 26ª edición do festival de deportes e música urbana O Marisquiño chega ao...

Recuperar Vigo para a cidadanía

Hai cidades que avanzan porque son capaces de aproveitar o talento colectivo da súa...

Deteñen en Vigo unha muller tras agredir á súa parella

A Policía Local de Vigo detivo o pasado mércores a unha muller por supostamente...