InicioPolíticaA Xunta "analizará" os motivos polos que o Concello de Vigo multou...

A Xunta “analizará” os motivos polos que o Concello de Vigo multou a pancarta do albergue do Berbés

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, vinculou este novo enfrontamento entre a Xunta e o alcalde olívico, Abel Caballero, con que o rexedor "ten decidido que o Camiño de Santiago non existe en Vigo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O vicepresidente primeiro da Xunta e responsable da área de Turismo, Alfonso Rueda, asegurou que o seu departamento “analizará” os motivos xurídicos que esgrime o Concello de Vigo para pretender multar a colocación de pancartas institucionais do albergue de peregrinos situado no Berbés.

Preguntado respecto diso polos medios de comunicación, durante a presentación este sábado en Santiago do expositor de Galicia para a 41ª edición da Feira Internacional de Turismo (Fitur), Rueda vinculou este novo enfrontamento entre a Xunta e o alcalde olívico, Abel Caballero, con que o rexedor “ten decidido que o Camiño de Santiago non existe en Vigo”.

“É curioso. O Concello de Vigo é o único concello de Europa que, tendo a sorte de ser atravesado por un dos camiños que leva a Santiago, prohibe que estea sinalizado e, por tanto, os pregrinos se perdían”, explicou.

Neste contexto, o vicepresidente galego lembrou como o seu departamento alcanzou esta mesma semana un acordo cos hostaleiros, que son “os primeiros prexudicados” por esta situación, para adoptar “un sistema de sinalización alternativo” na cidade.

“Parece que iso enfadou ao alcalde de Vigo e reaccionou dicíndolle á Xunta que lle vai a sancionar polo feito, fixar vostede, de colocar unha lona no albergue público que fixo a Xunta no Berbés”, engadiu.

Por iso, Alfonso Rueda dixo non entender “que tirria” lle ten ou “por que non lle gusta o Camiño de Santiago” ao rexedor, cando “beneficia a moitísima xente” nesta urbe.

Así, máis aló desta polémica, o tamén conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo prometeu analizar as “consideracións estritamente xurídicas” de por que a pancarta institucional non pode colgar do albergue. “E por suposto cumprirémolas”, concluíu.

ÚLTIMAS

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...