InicioEconomíaAbanca destina 200 millóns para financiar empresas dos polos industriais na área...

Abanca destina 200 millóns para financiar empresas dos polos industriais na área de Vigo

O banco deseña produtos e servizos adaptados ás necesidades tras o impacto da crise e ofrece alternativas para impulsar proxectos ante a chegada dos fondos Next Generation da UE, explica nun comunicado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Abanca destina 200 millóns, ampliables noutros 100 millóns, ao financiamento das empresas que se sitúan nos polos industriais da área de Vigo

Con esta inxección de financiamento ante a pandemia, o banco busca reforzar a viabilidade das empresas que se emprazan nos principais polos industriais de Vigo, O Porriño, Mos, Nigrán, Tui, Gondomar e Salvaterra.

O director territorial de Abanca en Vigo, Walter Álvarez, así como distintos directores de zona e de oficina e xestores especializados no segmento participaron en diversas reunións cos presidentes das asociacións de empresarios de cada polígono do sur da provincia de Pontevedra.

O banco deseña produtos e servizos adaptados ás necesidades tras o impacto da crise e ofrece alternativas para impulsar proxectos ante a chegada dos fondos Next Generation da UE, explica nun comunicado.

ÚLTIMAS

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...

O BNG volve pedir a retirada do busto de Juan Carlos I da entrada do Concello de Vigo

O BNG de Vigo volveu a reclamar este luns a retirada "permanente e definitiva"...

Detido en Vigo por ameazar cun coitelo a outro home durante unha pelexa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 25 anos de...