InicioSociedadeAECT Río Miño reclama abrir as fronteiras co final do estado de...

AECT Río Miño reclama abrir as fronteiras co final do estado de emerxencia de Portugal

O vicedirector da Agrupación, Uxío Benítez, remarcou que "non tería ningún sentido que se anuncie a non renovación do estado de emerxencia e non leve parella a apertura", posto que o peche de fronteiras "vai cumprir tres meses nos próximos días".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial do Río Miño (AECT Río Miño) reclamou que o fin do estado de emerxencia de Portugal, previsto para este sábado, “leve a apertura das fronteiras” con España “de maneira inmediata”.

O vicedirector da Agrupación, Uxío Benítez, remarcou que “non tería ningún sentido que se anuncie a non renovación do estado de emerxencia e non leve parella a apertura”, posto que o peche de fronteiras “vai cumprir tres meses nos próximos días”.

O presidente luso, Marcelo Rebelo de Sousa, anunciou o martes que non se renovará o máximo nivel de alerta contemplado na lexislación de Portugal, de tal forma que expirará o sábado, 1 de maio, a medianoite.

Neste contexto, Benítez tamén comunicou que, con intención de “chamar a atención de todas as institucións”, a AECT instalou “unha gran pancarta reivindicativa en Ponte da Amizade, que une Tomiño con Vila Nova de Cerveira (Portugal).

Este cartel leva impreso a mensaxe ‘EU Help. Open the border’, e busca reforzar a petición da agrupación de que se destinen fondos europeos a reactivar a economía da zona, a cal sufriu “unha grave deterioración tanto pola pandemia en si como polo feito de estar nunha localización transfronteiriza”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...