InicioSociedadePiden ao Concello de Vigo máis frecuencias nos autobuses: "a xente veos...

Piden ao Concello de Vigo máis frecuencias nos autobuses: “a xente veos inseguros”

O 84% das persoas cambiaron os seus hábitos de transporte pola covid, segundo Ecoloxistas en Acción.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A preocupación motivada pola pandemia a comezos do ano pasado conseguiu desprazar o que, ata entón, era un dos temas principais do debate público: a chamada emerxencia climática. Porén, conforme a fin da covid-19 se comeza a albiscar xa no horizonte, todo apunta a que o problema climático volverá emerxer, se cadra con máis forza polos posibles cambios en hábitos e mentalidade traídos pola pandemia.

A este respecto, a plataforma verde Ecoloxistas en Acción vén de presentar un informe titulado “Cambios nos usos do transporte público provocados pola pandemia , resultado da investigación realizada en colaboración coa cooperativa Andaira.  O informe, do mesmo xeito que outros estudos realizados recentemente, destaca que o transporte público colectivo perdeu case o 40% dos viaxeiros, debido fundamentalmente á inseguridade percibida polos usuarios.

Este extenso estudo, focalizado no caso vigués, trae conclusións positivas e negativas sobre os cambios nos hábitos de desprazamento e as súas implicacións no medio ambiente. Por exemplo, no caso olívico, o informe de Ecoloxistas en Acción cifra nun 46% a poboación que reduciu o uso do transporte público. “No caso de Vitrasa, o ano saldouse con 9,5 millóns de vaixeiros menos”, explican.

PERCIBIDO COMO “INSEGURO”

O caso é paralelo en canto ao transporte marítimo de Ría: “baixaron nun 40% as persoas usuarias do servizo entre Vigo e Cangas”. A problemática do transporte público está, claro, na inseguridade que unha boa parte dos cidadáns percibe no seu uso, xa que en autobuses e demais vehículos se dan situacións que, noutros contextos, están prohibidas polas autoridades sanitarias.

O informe tamén constata que o metro se percibe como o medio de transporte máis inseguro (42%), seguido do tren ou tranvía (35%), autobús (24%). A inseguridade sanitaria condiciona o uso que se fai da cidade: “un 84% das persoas modificaron a pauta respecto de visitar amigos/as e familiares, lecer, deporte ou visitar outras zonas da cidade, por evitar utilizar o transporte público”.

MÁIS CAMBIOS NAS MULLERES

Curiosamente, o estudo concúe que os homes alteraron en menor medida que as mulleres os diferentes usos contemplados da cidade. As mulleres deixaron de asistir ao seu centro de traballo ou estudos, se tiña a opción de facelo, e por evitar o transporte público, nun 15,9% máis que os homes.

Segundo a plataforma, “máis da metade das persoas utilizaría máis o transporte público se se implementaran medidas de seguridade sanitaria”. E é que a enquisa realizada por Andaira para Ecoloxistas en Acción recolle que a cidadanía viguesa “denuncia aglomeracións e exceso de capacidade no transporte urbano, a miúdo con viaxeiras de pé ou sen gardar as distancias de seguridade”. A organización ecoloxista demanda ao Concello de Vigo que se aumente as frecuencias so servizo de autobús urbano para remediar esta situación e que os usuarios recobren a confianza.

ÚLTIMAS

PP e BNG emendan a ordenanza das Zonas de Baixas Emisións de Vigo: uns piden atrasar multas e outros devolver o texto

Os grupos municipais da oposición no Concello de Vigo presentaron as súas emendas ao...

Tres detidos por abandonar a un home ferido nunha cuneta en Moaña

A Policía Nacional detivo nas últimas horas a tres persoas supostamente relacionadas coa aparición...

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...