InicioEconomíaA Xunta pídelle ao Concello de Vigo "evitar demoras" logo de remitirlle...

A Xunta pídelle ao Concello de Vigo “evitar demoras” logo de remitirlle o proxecto de urbanización da fase 1 de Navia

O obxectivo da Xunta, dixo, é iniciar a licitación das obras en xullo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta remitiu este mércores ao Concello de Vigo o proxecto de urbanización da fase 1 de San Paio de Navia, tras o que solicitou do Goberno vigués o seu “compromiso e responsabilidade” cos trámites a realizar, de forma que “os priorice o máximo posible” e “evite demoras innecesarias”.

Nunha rolda de prensa, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, manifestou que a Administración local agora debe proceder á aprobación inicial, sometemento a exposición pública durante un mes e pedir informes sectoriais, “se é necesario”, antes de proceder á aprobación definitiva. O obxectivo da Xunta, dixo, é iniciar a licitación das obras en xullo.

A conselleira lembrou que, de acordo coa Lei do chan de Galicia, a aprobación definitiva do proxecto debe facerse nun prazo de tres meses desde que finaliza a exposición pública e recíbense os informes sectoriais. Se non se emite resolución, o proxecto queda aprobado por silencio administrativo.

Neste marco, manifestou que durante a elaboración do proxecto “houbo boa interrelación entre o equipo redactor e os técnicos do Concello”, polo que considerou que “non debería haber ningún problema para cumprir os prazos e que non houbese demora”.

Vázquez remarcou que o custo da nova urbanización, que terá en total 1.600 vivendas, superará os 25 millóns de euros, dos que 11 millóns corresponden á fase 1. Este primeiro polígono contará con 735 vivendas, unha zona verde de 10.800 metros cadrados e 440 aparcadoiros.

Neste ámbito, eloxiou este “proxecto integrador, sustentable, verde, que está aliñado totalmente coas directrices e estratexias do Goberno galego”. “É un barrio que vai ser un exemplo para toda Galicia”, subliñou, insistindo en que con esta iniciativa a Xunta “está a cumprir con Vigo e cos vigueses”.

O PROXECTO

Tal e como trasladou a técnica do proxecto Lorena Pardiñas durante a rolda de prensa deste mércores, o proxecto de urbanización de San Paio de Navia contempla a construción de 1.6000 vivendas nunha superficie de case 27 hectáreas. Debido á magnitude do proxecto, as obras realizaranse en tres fases.

Ademais das vivendas, o proxecto conta cun completo sistema viario, 1.200 prazas de aparcadoiro, 24.000 metros cadrados de equipamentos e 23.000 metros cadrados de zonas verdes –nas que se integrarán as masas arbóreas con especies autóctonas que hai agora na contorna e recolocaranse dous hórreos–.

Tamén inclúe 900 metros cadrados de parques infantís e áreas de xogo e exercicio, un carril bici de 2 quilómetros e unha gran área comercial –que se sumará aos locais comerciais que irán situados nos baixos dos edificios–.

ÚLTIMAS

Un erro ao alimentar unha caldeira de leña con carbón provoca unha intoxicación por monóxido de carbono en Oia

Unha persoa foi trasladada ao Hospital de Povisa, en Vigo, con síntomas de intoxicación...

Así será a Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo: 11 carrozas e moita fantasía

A Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo sairá o luns sobre as 18.00 horas...

Vigo repartiu en 2025 máis de 3.500 axudas de emerxencia para atender a 8.870 persoas

O Concello de Vigo outorgou no ano 2025 un total de 3.548 axudas de...

O PP vigués acusa a Caballero de dar un “golpe fiscal” tras pechar 2025 con 200 millóns de remanentes

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou o "machadazo fiscal" que levará a...