InicioSociedadeDous cribados detectan 16 positivos en Vigo e 7 en Gondomar

Dous cribados detectan 16 positivos en Vigo e 7 en Gondomar

Segundo informou a área sanitaria, na cidade de Vigo foran convocadas 11.111 persoas, das que acudiron 3.779, o que supón un 34 por cento, entre as que se diagnosticaron 16 casos positivos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A área Sanitaria de Vigo detectou 25 positivos de Covid-19, deles 16 nun cribado na cidade olívica ao que acudiu un 34 por cento dos máis de 11.100 convocados.

Segundo informou esta área sanitaria, na cidade de Vigo foran convocadas 11.111 persoas, das que acudiron 3.779, o que supón un 34 por cento, entre as que se diagnosticaron 16 casos positivos.

Mentres, ao cribado realizado en Gondomar con 5.010 persoas citadas acudiron 2.691, o que supón o 53,7 por cento, entre as que se diagnosticaron sete casos deste coronavirus.

Pola súa banda, no municipio do Porriño foron citadas 6.000 persoas a outro cribado, ao que acudiron 1.189, o que implica o 19,8%, entre as que se detectaron dous positivos.

E nas localidades de Tomiño e O Rosal citaron a 4.982 persoas das que asistiron 2.341, o 46,9 por cento, e non se obtivo ningún positivo por Covid-19.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...