InicioEconomíaA planta de Stellantis Vigo (PSA) volve suspender produción pola 'crise dos...

A planta de Stellantis Vigo (PSA) volve suspender produción pola ‘crise dos microchips’

Se os mecanismos de flexibilidade previstos se esgotan, aplicarase o ERTE.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A factoría do grupo Stellantis en Vigo (antes PSA Peugeot Citroën) suspenderá tamén este martes parte da súa actividade por problemas de subministración derivados da falta de microchips (semiconductores), segundo confirmaron fontes da planta. Así, hai uns días anunciouse a suspensión da quenda de noite no sistema 2 (o que monta as furgonetas) para este luns e agora confirmouse que tamén se suspende a produción este martes, neste caso para as tres quendas do sistema 2.

A planta de PSA tivo que paralizar a súa produción en varias ocasións desde principios de ano polos problemas de subministración de compoñentes, cuxos fabricantes á súa vez están condicionados pola falta de semiconductores (microchips).

De feito, hai uns dez días producíronse paradas que afectaron a todas as quendas dos dous sistemas de produción. Este luns a suspensión de actividade afecta á quenda de noite do sistema 2 e este martes pararán as tres quendas desa liña de montaxe.

Ante este escenario, a empresa puxo en marcha os mecanismos de flexibilidade previstos (bolsa de horas e días de adecuación de xornada). No caso dos operarios que esgotasen estes mecanismos, aplicarase o ERTE pactado co comité (fóra de CIG e CUT), ao que se poden acoller os operarios fixos a tempo completo.

ÚLTIMAS

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...

A concelleira de Seguridade de Vigo rexeita dimitir á espera da sentenza do caso Saltamontes: “Non está nas nosas mans”

A concelleira de Seguridade do Concello de Vigo, Patricia Rodríguez, recoñeceu estar "pendente" do...

O novo contrato de ‘renting’ dos coches da Policía Local custará 3,4 millóns ata 2030

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo adxudicou este venres, por 3,4...