InicioSucesosMulta e 10 meses de inhabilitación para o funcionario que aceptou pagos...

Multa e 10 meses de inhabilitación para o funcionario que aceptou pagos de prostitución

Segundo o escrito de acusación da Fiscalía, o funcionario tivo polo menos dúas citas con prostitutas concertadas e pagas polo empresario, unha atención do construtor a este home polo seu cargo e responsabilidade no Concello, onde participaba en procesos de adxudicación de obras.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou sentenza condenando a 4 meses e medio de cárcere (pena conmutada por unha multa de 2.430 euros) e a 10 meses de inhabilitación ao funcionario do Concello de Vigo, Álvaro C.C., por un delito continuado de suborno, e a quen o construtor Enrique A.P. pagou servizos de prostitución para obter beneficios nos procesos de contratación de obras públicas.

A sentenza foi ditada e declarada firme en sala este mércores tras un acordo de conformidade entre as partes, polo que non foi necesaria a celebración do xuízo (que ía ser cun tribunal de xurado), e con ela péchase o último capítulo da chamada Operación Patos, que investigou no seu día supostos amaños en licitacións públicas de varias administracións en Vigo, Pontevedra e outros municipios.

Segundo o escrito de acusación da Fiscalía, o funcionario tivo polo menos dúas citas con prostitutas concertadas e pagas polo empresario, unha atención do construtor a este home polo seu cargo e responsabilidade no Concello, onde participaba en procesos de adxudicación de obras. O ministerio público pedía inicialmente para Álvaro C.C. un ano de prisión e tres de inhabilitación, e para Enrique A.P. solicitaba 9 meses de cárcere.

A vista por estes feitos foi suspendida dúas veces anteriormente, unha por un problema na constitución do xurado e outra pola ausencia dunha testemuña. Tras o acordo deste mércores, o proceso péchase cunha multa de 2.430 euros e inhabilitación para cargo e emprego público durante 10 meses para este funcionario; mentres que Enrique A.P. aceptou a mesma multa e inhabilitación para contratar coa administración pública durante 4 meses.

ÚLTIMAS

Concentración en homenaxe a Maricarmen e contra a “especulación” que “forzou a súa morte” en Vigo

A Alianza pola Vivenda de Vigo, plataforma integrada por varios colectivos sociais, convocou para...

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...