InicioEconomíaA planta de Stellantis en Vigo parará a noite do xoves e...

A planta de Stellantis en Vigo parará a noite do xoves e todo o venres por falta de ‘microchips’

A 'crise dos microchips' obrigou á empresa a parar a súa actividade en varias ocasións desde principios deste ano, o que levou á compañía a propoñer un ERTE.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A planta do grupo Stellantis en Vigo (antes PSA) volverá parar a súa actividade esta semana debido aos problemas de subministración derivados da chamada ‘crise dos microchips (semiconductores)’, segundo trasladou a dirección da factoría aos sindicatos este mércores.

Así, os problemas que afectan os provedores de compoñentes que teñen eses semiconductores volvéronse a trasladar á fábrica de Balaídos, que parará os dous sistemas de produción na noite do xoves, e que tamén paralizará a actividade nas tres quendas (mañá, tarde e noite) do venres.

Para afrontar esta incididencia a empresa aplicará aos traballadores os mecanismos de flexibilidade habituais (días de adecuación de xornada e bolsa de horas) e, nos casos de operarios que xa esgotasen estas vías, aplicaráselles o ERTE recentemente acordado co comité (fóra de CIG e CUT).

A ‘crise dos microchips’ obrigou á planta de Stellantis en Vigo a parar a súa actividade en varias ocasións desde principios deste ano e, precisamente pola incerteza no fluxo destas subministracións, a empresa puxo sobre a mesa, antes de Semana Santa, a necesidade dun Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE).

Esta medida foi pactada con SIT, CC.OO. e UGT e supón unha regulación dun máximo de 60 días por traballador (que teña contrato indefinido) ata finais de 2021. As xornadas de ERTE complementaranse ata o 80 % do salario bruto (salario segundo convenio e complemento individual), sen que se vexan impactados polos días de suspensión os dereitos de vacacións nin o tempo traballado para os efectos de cálculo da retribución variable.

Ademais, por cada 20 días de ERTE aplicados a cada traballador, xerarase unha xornada de formación voluntaria presencial, retribuída coa totalidade do salario. Non estarán incluídas no expediente as persoas en situación de incapacidade temporal, maternidade, paternidade, risco no embarazo, lactación ou quen estean a percibir a prestación por coidado de menor con enfermidade grave.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...