InicioSociedadeA área de Vigo colócase á cabeza en número de contaxios, cun...

A área de Vigo colócase á cabeza en número de contaxios, cun total de 603 casos activos

Os novos contaxios detectados suman 32 para Vigo na última actualización de Sanidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia mantén a tendencia descendente en canto á presión hospitalaria ao reducirse a 167 os pacientes Covid ingresados, o que supón seis menos que a xornada anterior, mentres que volveron repuntar os novos contaxios deste coronavirus a 146, que implican 14 máis. Pola súa banda, os casos activos ascenderon lixeiramente a 2.193 e a área de Vigo sitúase á cabeza, con 603.

Segundo os datos actualizados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste xoves, en concreto na área de Vigo seguen seis persoas en críticos e redúcense a 28 os doutras unidades hospitalarias –dous menos–. Con todo, cun total de 603 casos activos, Vigo posiciónase á cabeza logo de superar á área da Coruña e Cee,que ata a data rexistraba o maior número e onde caen a 598.

MÁIS CONTAXIOS

Tamén os novos contaxios detectados con calquera tipo de proba repuntaron lixeiramente a 32 na área de Vigo. Ata a data da última actualización de datos Galicia realizou 1.898.328 PCR, que supoñen 6.900 probas máis que o día anterior –un centenar menos que as feitas a xornada pasada–. En canto á taxa de positividade, tras ter repuntado a un catro por cento no inicio da semana, descendeu a un 1,8% tras manterse as últimas xornadas nun 2%, polo que segue por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada a pandemia.

VÍTIMAS E CURADOS

Desde o inicio da pandemia faleceron en Galicia 2.367 persoas diagnosticadas de Covid-19 despois de notificar a Consellería de Sanidade este xoves a morte doutras catro persoas. Todas elas tiñan patoloxías previas. En concreto, unha destas catro mortes produciuse o pasado 5 de abril, unha muller de 50 anos ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo; e as outras tres tiveron lugar o día 7: dous homes de 59 e 81 anos e unha muller de 62, o tres no Chuac. Ata o momento curáronse da Covid-19 en Galicia un total de 113.688 pacientes, o que implica 134 persoas máis que as contabilizadas ata a xornada pasada.

ÚLTIMAS

Caballero acusa a Rueda e o PPdeG de deixar a Vigo sen Facultade de Medicina: “É unha pésima noticia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou este venres como unha "noticia pésima"...

A Xunta e o Porto de Vigo dan por finalizada a limpeza da vertedura de aceite de palma na ría

Tras unha semana de traballos de retirada e contención, a Xunta e o Porto...

O alto tribunal galego mantén a condena a un home por abusar dunha muller mentres durmía

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou o recurso de apelación dun home condenado...

Localizan tres polisóns, dous menores, ocultos nun camión que ía embarcar cara ao Reino Unido

Axentes da Policía Nacional, da Garda Civil e da Policía Portuaria de Vigo localizaron...