InicioSociedadeResentidos e Taburete entre os artistas que actuarán no TerraCeo 2021 de...

Resentidos e Taburete entre os artistas que actuarán no TerraCeo 2021 de Vigo

O programa completarase coa incorporación doutros grupos e cantantes, que se darán a coñecer en próximas semanas. As entradas poderán adquirirse en teuticket.com, unha nova plataforma creada polo festival, e os usuarios de cartón PassVigo terán descontos especiais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A segunda edición do festival TerraCeo levará a Vigo, entre o 1 de maio e o 9 de xullo, a artistas como Resentidos, Andrés Suárez, Taburete ou Kevin Johansen, tal e como avanzaron este mércores os organizadores do certame e o alcalde da cidade, Abel Caballero.

Así, para esta segunda edición do evento cultural, que se celebra na terraza do Auditorio Mar de Vigo, con aforamento reducido e medidas antiCOVID, confirmáronse 16 actuacións, que comezarán ás 20.00 horas, coincidindo co atardecer (se chovese, faríanse no interior do Auditorio).

Un dos principais atractivos da edición deste 2021, que como a anterior contará con bandas viguesas como teloneiros, será a presentación do álbum ‘Organización Nautilus’, de Os Resentidos, o seu primeiro traballo de estudo desde 1993.

A programación abrirase o 1 de maio con Taburete e, ao longo dese mes, pasarán pola terraza do Auditorio Carlos Sadness (8 de maio), Andrés Suárez (15 de maio), Baiuca (21 de maio), Os Resentidos (22 de maio), Kevin Johansen (23 de maio) e Pol Granch (29 de maio).

No mes de xuño actuarán Annie B.Sweet (4 de xuño), Juancho Marqués (5 de xuño), The Soul Jacket (11 de xuño), Kutxi Romeu e Os Motores (12 de xuño), La Habitación Roja (18 de xuño), Sr.Chinarro (19 de xuño), La Bien Querida (25 de xuño), O Kanka (26 de xuño); e o 9 de xullo será a quenda de Nach.

Ademais destes artistas, o programa completarase coa incorporación doutros grupos e cantantes, que se darán a coñecer en próximas semanas. As entradas poderán adquirirse en teuticket.com, unha nova plataforma creada polo festival, e os usuarios de cartón PassVigo terán descontos especiais.

ÚLTIMAS

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...

A Xustiza de Vigo rexeita ampliar o permiso de paternidade a 22 semanas como o das nais

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo desestimou a demanda interposta por un...

A Axencia Tributaria desarticula en Vigo e outras cidades unha ‘macrotrama’ que defraudou 300 millóns en IVE

A Axencia Tributaria desmantelou unha das maiores redes de defraudación de IVE no sector...