InicioMedio Ambiente e Patrimonio(Vídeo) A Serra do Suído, unha paraxe "excepcional" asediada polos eólicos

(Vídeo) A Serra do Suído, unha paraxe “excepcional” asediada polos eólicos

Ecoloxistas en Acción pide á Xunta que amplíe a protección ambiental da zona para impedir a instalación de parques eólicos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Continúan as mobilizacións contra a implantación de proxectos eólicos amparada pola Xunta de Galicia. A plataforma Ecoloxistas en Acción, unha das máis activas nas reivindicacións contra o espallamento “descontrolado” dos muíños de vento, vén de dar un paso máis na defensa da que, consideran, é un dos espazos de maior ambiental de Galicia e que podería ser danado por diversos proxectos: a serra do Suído.

Segundo apuntan dende a plataforma, esta xa presentou alegacións aos proxectos eólicos P.E. Coto Redondo, proxectado entre Covelo e Fornelos de Montes, e P.E. Puza entre Avión e A Lama; ambos na serra do Suído. A organización ecoloxista subliña, a esta respecto, o seu rexeitamento a “calquera proxecto industrial que degrade máis esta zona de tan alto valor ecolóxico e cultural”.

Por esta razón veñen de instar á Xunta a estender a Rede Natura 2000 para que abranga toda a serra do Suído; unha circunstancia que, na práctica, poñería moitos atrancos á implantación deses proxectos eólicos en proceso de tramitación administrativa. A organización ecoloxista lembra, a este respecto, que a serra do Suído é “un dos principais espazos de media montaña da xeografía galega”, xa que conta cuns valores naturais e patrimoniais “excepcionais”, e que, ata o momento, se mantiveron “nun aceptábel estado de conservación”.

ENTORNO AMEAZADO

“Boa parte desta riqueza ecolóxica é resultado dos aproveitamentos agro-gandeiros tradicionais de montaña, sendo esta área un dos poucos exemplos que representan con maior pureza os elementos derivados desta transformación”, explican. Precisamente por este motivo, a serra do Suído é candidata a formar parte da rede Natura 2000 (LIC serra do Suído, ES1140017), tal e como se recolle na proposta de ampliación da Rede feita pública na sesión do Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, apuntan dende a plataforma.

A Xunta terá pois que decidir se amplía ou non a protección a esta zona de especial interese e beleza, unha circunstancia que, como foi sinalado, dificultaría en grande medida os proxectos eólicos deseñados pero que, en troques, axudaría a conservar o patrimonio natural e cultural da zona, que vai dende túmulos funerarios prehistóricos á presenza de turbeiras e especies animais ameazadas.
 

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...