InicioSociedadeVigo estabiliza a incidencia da covid trala baixada de tests diagnósticos

Vigo estabiliza a incidencia da covid trala baixada de tests diagnósticos

Os hospitalizados medran en 6 mentres os casos baixan lixeiramente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia pechou a Semana Santa cunha maior presión hospitalaria pola pandemia da covid-19 que cando arrincou. En concreto, este luns os datos da Consellería de Sanidade, elaborados con cifras ás 18,00 horas do domingo, contabiliza un total de 219 ingresados por coronavirus. Son unha quincena máis que os 204 do sábado 27 de marzo, cando iniciou este período vacacional unha vez pasado a ponte de San José.

Iso si, os casos activos da enfermidade na Comunidade galega reducíronse ao longo da Semana Santa, unha cuestión na que tivo influencia a propia redución do número de probas diagnósticas dsenvoltas polo Sergas. Así, se o 27 de marzo Sanidade notificaba 2.357 pacientes, este luns hai 2.174. A taxa de positividade das PCR, de feito, vén de se incrementar incrementouse ata o 4%, porcentaxe máis alta de toda a Semana Santa, aínda que aínda continua por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) sinala para dar por controlada a pandemia. O sábado 27 de marzo a positividade era do 1,9%.

En calquera caso, na análise a curto prazo, os datos deste luns reflicten lixeiros repuntes en ambos os parámetros con respecto á xornada do domingo. En canto aos ingresados, os 219 hospitalizados actuais supoñen unha subida de seis. Este incremento dos ingresados por coronavirus en Galicia débese á subida dos hospitalizados en planta, ata os 187, oito máis en 24 horas. Con todo, as unidades de coidados intensivos (UCI) experimentaron un alivio ao contabilizar 32 pacientes covid, dous menos.

DATOS ESTABLES

Por áreas sanitarias, tan só dúas delas reduciron o número total de hospitalizados no último día. Non se atopa entre elas Vigo, que contabiliza nos datos deste luns un total de 56 ingresados, seis máis, aínda que non cambiou a cifra dos enfermos críticos ao manterse en oito.

Por outro lado, das sete áreas sanitarias, catro rexistran unha baixada este luns ao computar máis altas que novos diagnósticos nas últimas 24 horas. Vigo pasa a ter 577 tras restar 4. Nas últimas 24 horas a área olívica rexistrou tan só 19 positivos por covid-19.

ÚLTIMAS

Prisión provisional para a muller detida polo homicidio dun home sen fogar na antiga estación de autobuses de Vigo

A muller detida como presunta autora da morte dun home acoitelado na tarde do...

Caballero, ao coñecer que León impartirá Medicina en 2026: “A Vigo, a Xunta négalle unha facultade. É un escándalo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou de novo contra a Xunta de Galicia...

Caballero acusa a Rueda e o PPdeG de deixar a Vigo sen Facultade de Medicina: “É unha pésima noticia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou este venres como unha "noticia pésima"...

A Xunta e o Porto de Vigo dan por finalizada a limpeza da vertedura de aceite de palma na ría

Tras unha semana de traballos de retirada e contención, a Xunta e o Porto...