InicioSociedadeUnha tese con marca viguesa axuda a entender por que xorde a...

Unha tese con marca viguesa axuda a entender por que xorde a esquizofrenia

O traballo vén de ser presentado --e dotado da máxima cualificación-- na UVigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha tese doutoral enmarcada nos traballos do grupo de Neurociencia Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, situado no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, identificou moléculas consideradas potenciais biomarcadores de diagnóstico, prognóstico e recoñecemento dun patrón neurodexenerativo da esquizofrenia.

Segundo informou o Sergas, esta investigación, titulada ‘Esquizofrenia: a procura de potenciais biomarcadores periféricos’, foi defendida o pasado mes de xaneiro na Universidade de Vigo (UVigo) por Daniela Rodrigues-Amorim, quen obtivo a cualificación de sobresaliente ‘cum laude’. A autora remarcou que o obxectivo da súa investigación era conseguir desenvolver un panel de biomarcadores en sangue que axuden aos psiquiatras a diagnosticar, tratar e entender a evolución da esquizofrenia.

Para iso, primeiro describíronse tres moléculas que poderían medirse en sangue como potenciais biomarcadores de diagnóstico e prognóstico da esquizofrenia. Posteriormente, a partir dun grupo de pacientes cunha evolución máis grave da enfermidade, identificáronse outro tres moléculas asociadas á neurodegeneración da esquizofrenia.

A continuación, o grupo identificou outro catro moléculas asociadas ao dano neuronal, a partir do que se concluíu que certos compoñentes que están entre as células poderían provocar as alteracións no funcionamento das mesmas.

Esta tese foi dirixida polos doutores Carlos Spuch e José Manuel Oliveirais. Este último, que é tamén director do Grupo de Neurociencia Traslacional, destacou que este traballo “supón o primeiro paso para poder desenvolver sistemas de detección con axuda da nanotecnoloxía e os biosensores e, por que non, abrir a porta a unha nova hipótese sobre a posible orixe molecular da esquizofrenia”.

ÚLTIMAS

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...

A Xustiza de Vigo rexeita ampliar o permiso de paternidade a 22 semanas como o das nais

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo desestimou a demanda interposta por un...

A Axencia Tributaria desarticula en Vigo e outras cidades unha ‘macrotrama’ que defraudou 300 millóns en IVE

A Axencia Tributaria desmantelou unha das maiores redes de defraudación de IVE no sector...