InicioSociedadeO Goberno de Vigo habilitará zonas de aparcadoiro gratuítas en centros de...

O Goberno de Vigo habilitará zonas de aparcadoiro gratuítas en centros de atención primaria onde se vacúa

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Goberno de Vigo habilitará zonas de aparcadoiro gratuítas nas inmediacións dos centros de atención primaria da cidade onde se está realizando a vacinación polo coronavirus.

Así o comunicou este mércores o alcalde, Abel Caballero, que indicou que xa deu instrucións á Policía Local para que habilite estes espazos de estacionamento nun “prazo breve, dun ou dous días”. Así, aínda que se trate de zonas de estacionamento regulado, “quedarán libres de ningún tipo de pago”.

Segundo indicou o rexedor, estes espazos poderán ser utilizados polas persoas que acudan a vacinarse, “sobre todo a xente maior”. Para iso, bastará con ensinar un documento ou unha mensaxe no que conste a cita.

Caballero lembrou que a vacinación se realiza no Instituto feiral de Vigo (Ifevi), onde hai aparcadoiro gratuíto; nalgúns centros de atención primaria; e no Hospital Álvaro Cunqueiro. Respecto ao centro hospitalario, remarcou que “hai un aparcadoiro gratuíto do Concello”, pero “a Xunta cobra por aparcar” no seu, polo que instou á Administración galega a que “poña gratis” este estacionamento.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...