InicioEconomíaA crise dos microchips remata deixando en ERTE á planta de Stellantis

A crise dos microchips remata deixando en ERTE á planta de Stellantis

A medida contou co apoio de SIT-FSI, UGT e CC.OO.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A planta de Stellantis en Vigo (antes PSA Peugeot Citroën) aprobou, co apoio dos sindicatos SIT-FSI, UGT e CC.OO., un expediente de regulación de emprego temporal (ERTE) por causas organizativas e de produción, no marco do “problema conxuntural” da falta de pezas que afecta á industria de automoción.

Tal e como informaron fontes coñecedoras da negociación, as xornadas de ERTE poderanse establecer entre o vindeiro luns, 5 de abril, e ata o final de decembro. En total, poderán aplicarse a un máximo de 60 días laborais para cada traballador con contrato a tempo completo.

As xornadas de ERTE complementaranse ata o 80 % do salario bruto (salario segundo convenio e complemento individual), sen que se vexan impactados polos días de suspensión os dereitos de vacacións nin o tempo traballado para os efectos de cálculo da retribución variable.

Así mesmo, o acordo recolle unha das últimas propostas dos sindicatos, de forma que se establece durante o mes de marzo unha garantía de 80 horas mensuais tamén para os contratos indefinidos a tempo parcial en quendas variables e os contratos de duración determinada, en atención ás xornadas de parada de actividade que houbo neste mes.

Ademais, por cada 20 días de ERTE aplicados a cada traballador, xerarase unha xornada de formación voluntaria presencial, retribuída coa totalidade do salario. Non estarán incluídas no expediente as persoas en situación de incapacidade temporal, maternidade, paternidade, risco no embarazo, lactación ou quen estean a percibir a prestación por coidado de menor con enfermidade grave.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...