InicioSociedadeAlerta en Vigo polo envío de correos electrónicos fraudulentos que suplantan á...

Alerta en Vigo polo envío de correos electrónicos fraudulentos que suplantan á Policía Local

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo alertou da circulación de correos electrónicos fraudulentos nos que se suplanta a identidade da Policía Local para enganar ás persoas destinatarias, e recomendou extremar as precaucións e evitar acceder a ligazóns sospeitosas ou facilitar datos persoais en resposta a estes correos.

Nun comunicado, o Concello lembrou que as notificacións oficiais fanse a través das canles habilitadas pola administración e que os avisos que se fan por correo electrónico ou SMS “teñen un carácter exclusivamente informativo”. Así, as comunicacións oficiais informan da existencia dunha nova notificación, identifican o destinatario con NIF ou CIF, e inclúen o correspondente número de saída. “En ningún caso remítese directamente o contido da notificación por correo eletrónico”, sinalaron fontes municipais.

O Concello lembrou que os cidadáns poden consultar as súas notificacións accedendo á sede electrónica municipal a través da web oficial, e que as persoas que non estean obrigadas a relacionarse electronicamente coa administración e non teñen activado o servizo de notificacións electrónicas recibirán as comunicacións por correo postal. Finalmente, o goberno local pediu aos cidadáns que “desconfíen” das mensaxes que aparenten proceder da Policía Local ou doutros servizos municipais que conteñan ligazóns sospeitosas, solicitudes de información persoal ou peticións de pago non verificadas.

En caso de recibir un correo destas características, recomendan non abrir esas ligazóns, non facilitar datos persoais ou bancarios, e comprobar a autenticidade da mensaxe a través das canles oficiais do Concello.

ÚLTIMAS

Vigo esixe á Xunta compensacións xustas para máis de 400 propietarios afectados polos plans de vivenda

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este luns por unanimidade unha moción do...

Atopan case 50 garrafas de gasóleo e gasolina flotando na ría de Vigo

Un pesqueiro que navegaba na madrugada deste luns pola ría de Vigo avistou 49...

Policías, dúas enfermeiras e unha médico fóra de servizo salvan a vida a un home en parada cardiorrespiratoria nunha rúa de Vigo

Dos axentes da Policía Nacional fóra de servizo interviñeron o pasado 20 de outubro...

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...